100% Muller
100% Muller
Duración: 15 minutos
País: Marrocos e España
ONGDs: AGARESO, Atawssoul e Cento por cento Mamá
Sinopse: Una visión precisa das condición de vida e da realidade diaria das mulleres que viven nas grandes urbes marroquís
A gravación vén precedida dun período de convivencia con obreiras da cidade de Tánxer, ao norte de país. O equipo de reporteiros/as executou este proxecto durante o mes de agosto de 2008 coa finalidade de descubrir as duras situacións que deben sortear as protagonistas do documental nos ámbitos sociais, laborais e familiares, ao atoparse inmersas nunha sociedade con recios edictos marcados polos homes historicamente.
O papel das dúas contrapartes locais, Atawssoul e Cento por cento Mamá, foi transcendental para o resultado final. Profundar na existencia das traballadoras do téxtil, a manufactura e conserva da zona é o principal obxectivo deste comprometido traballo.