Creación participativa de audios pola memoria das mulleres

Audios elaborados no curso 24-25

Os mozos e mozas da clase de 4º do IES Eduardo Pondal en Ponteceso afondaron  no que pasou durante a Guerra Civil e a Ditadura franquista. Así, entrevistaron a avoas e bisavoas: Sabina, Carmen e Mª Dolores, que lles contaron as duras condicións de vida nesa época especialmente se eras muller.

 

O alumnado de 4º da ESO do IES Eduardo Pondal de Ponteceso afondou na memoria das mulleres durante a Guerra Civil e a dictadura.

Falaron con Manuela que lles contou a memoria que recibiu dos seus avós sobre esta época. Por outro, entrevistaron ao historiador local Fernando Vidal, que durante moitos anos estivo facendo entrevistas a veciños e veciñas de Corme.

 A clase de 4ºA do IES Alfredo Brañas quixo explicar o proceso histórico vivido dende a II República ata o fin da Ditadura. Para contalo, tiveron acceso a unha entrevista a unha muller que viviu a época, Felesbina, e a un historiador, Lois Anxo Ferreiro. Lois Anxo pertence á Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral

Na aula de 4ºBD do Alfredo Brañas de Carballo quixeron contar coa testemuña, en directo, de Xan Fraga, profesor do mesmo centro e recoñecido historiador carballés. Él contoulle como sufriu a represión franquista en primeira persoa nos últimos anos da ditadura e primeiros da democracia, e tamén como foi o proceso para acabar exhumando una fosa común moi preto do centro escolar, en Bértoa.

A aula de 4º C do IES Alfredo Brañas ten no seu podcast reflexións do alumnado, e entrevistaron a Pablo Rey Quintela, o avó de un dos alumnos, que relatou a fame da época e tamén as historias de perseguidos. Por outro lado, contaron coa testemuña de Trinidad Añón Vázquez, audio ao que chegaron a través do arquivo Terra e Memoria, da USC.

Dende Pontevedra, o alumnado de 1º bacharelato do IES Xunqueira II (HMC1) resúmenos o período histórico que arrancou coa II República e rematou co fin da Ditadura Franquista. Teñen as testemuñas de algunhas das súas avoas: Nita San Román, María Felicidad López e Fita Acosta. 

Neste episodio, o alumnado de HMC2 do Xunqueria II de Pontevedra pon o foco na parte da historia que afecta ás mulleres. E para iso mantiveron moitas conversas, unhas gravadas e outras non, coas suas avoas. Escoitades neste podcast, ademais do propio alumnado a María Gónzalez Gómez (1942), Alicia Abelleira (1932) e Rosa Domínguez.

As avoas volven a ser as protagonistas do podcast da rapazada de 2ºA do Antón Fraguas, instituto de Santiago de Compostela. Elas son María del Carmen Castro (1953); María (1948) e Alejandrina Arias (1926), e falan de cómo recordan a época franquista, dende a represión social ao rol das mulleres na sociedade.

Margarita Trigo Sánchez, xunto con Xaime e Elena, poñen a voz e os recordos a este podcast realizado polo alumnado de 2ºD do IES Antón Fraguas en Santiago de Compostela. Nel, analizan en profundidade os feitos acontecidos dende a II República ata o fin da Ditadura Franquista, e poñen o foco no vivido polas mulleres desa época.

O alumnado de 4º ESO do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela), conseguiu un elevado número de audios, polo que dividiu o seu podcast en dúas metades. Nesta primera parte, escoitaredes a Luz Louzao (1949); María Antonia Castro (1949), Julio Manuel Díaz (1948), Elena Otero (1950), María Noelia Ferreira (1975), Alejandro Víctor Gómez (1967), Enrique Mella (1937) e José María Pérez (1942).

Na segunda parte do podcast da rapazada de 4º ESO do IES Antón Fraguas poderedes atopar as testemuñas de Mª Carmen Rodríguez (1960), Santiago Mazás (1956), Lucía Meijide, Lucinda Anido e Maribel Gómez (1932). Elas falan dende como era unha habitación desa época, ata cómo facían para vestirse, pasando polo medo, a represión e a violencia.

Share This