Libros para sementar o cambio
Libros para sementar o cambio
A colección Defensoras de dereitos nace para visibilizar a través da literatura as vidas e o compromiso coa xustiza das máis de 2000 mulleres defensoras organizadas na Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras). Os libros narran as vidas de Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador), Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala), mulleres activistas que teñen en común ter feito da defensa dos dereitos humanos nunha das rexións máis perigosas do mundo o seu proxecto vital e político.
Se queredes axudarnos a difundir o traballo das mulleres defensoras de dereitos en Mesoamérica, podedes descargar e compartir os títulos da colección en formato dixital ou ben solicitarnos exemplares en papel para os vosos centros escolares, centros socioculturais ou bibliotecas públicas, sen ningún custe económico para vós. Se queredes organizar unha actividade pedagóxica arredor dos libros, podedes consultar a dispoñibilidade e as necesidades a través do correo organizacion@agareso.org.
COLECCIÓN DE LIBROS
Defensoras de dereitos
2021 | Texto: Lara Dopazo Ruibal | Ilustracións: RotmInas e Conxenia/Marta Conde | Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias | Deseño e maquetación: conxenia.gal
Este proxecto está impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD e pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras) e co apoio da Deputación de Pontevedra.

A autora dos libros é a xornalista e escritora galega Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985), autora de Os lobos na casa de Esaú (Chan da Pólvora, 2017), Claus e o alacrán (Espiral Maior, 2018), Ovella (poemario co que gañou o Certame Francisco Añón) e O axolote e outros contos de bestas e auga (co que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2020). Tamén é coautora e coeditora do ensaio colectivo experimental A través das marxes: Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns (Bartlebooth, 2018), está especializada en Cooperación Internacional e é voluntaria de Agareso. Foto de David Espiño.
Haydeé Castillo sementeira de paz narra a historia desta activista e defensora dos Dereitos Humanos de Nicaragua.
Na década dos 70, cando Haydée era unha adolescente, sumouse á loita contra a ditadura dos Somoza e desde entón o seu activismo feminista e en defensa dos dereitos das comunidades rurais e indíxenas non cesou. En 2018 saíu de Nicaragua rumbo aos Estados Unidos e converteuse en exiliada política.
Libro a partir de 12 anos.
Bea á procura da luz aborda a vida de Verónica Salazar, unha activista feminista e defensora de Dereitos Humanos do Salvador. Cando era nova, e en pleno conflito armado, Verónica decidiuse unir á guerrilla e pasou a chamarse Bea. Fíxoo motivada polas situacións de inxustiza que observaba ao seu redor. Logo da guerra, comezou a traballar en procesos de recollida de información en casos de asasinatos machistas e hoxe forma parte de dúas organizacións feministas.
Libro a partir de 15 anos.
Ler Miriam Suazo e a digna rabia
Miriam Suazo (Honduras) conta cuha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.
Páx: 48 | A partir de 12 anos
El feminismo liberador
Ler Estela Ángeles Mondragón e o camiño a Baqueachi
Estela Ángeles Mondragón (México) é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na
recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos.
Páx: 48 | A partir de 14 anos
Llevar la ley a la gente
Ler María Cuc Choc o corazón en alto
María Magdalena Cuc Choc (Guatemala) apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo.
.
Páx: 48 | A partir de 14 anos
La múltiples facetas de la defensoría
Conversa entre as protagonistas e a autora dos libros
Descargas para prensa e RR.SS.















