Somos Acubillo: Únete a un futuro mellor

Somos Acubillo: Únete a un futuro mellor

Somos Acubillo é un equipo formado por persoas autóctonas da comarca de Vigo e emigrantes procedentes doutras latitudes que conseguiron formar un espazo seguro onde dar renda solta á súa creatividade e ás súas emocións.

Durante 8 meses, desde outubro de 2024 até maio de 2025, traballaron man a man con Agareso e Provivienda nun proxecto de comunicación participativa que finalmente ten a forma dun videopodcast e unha campaña de sensibilización cos que pretenden que todos e todas sexamos consciente do impacto que ten a desigualdade na vida das persoas, migrantes e galegas, que loitan cada día por saír adiante. Cada un de nós, lembran, pode pór da súa parte na construción dun futuro mellor para todas as persoas que formamos parte desta sociedade. Tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós.

Ás veces é, simplemente, porse no lugar da outra persoa. Interesarse polo seu benestar. Preguntarlle como está, como lembra a nosa compañeira China. E, tamén, saber pedir axuda cando a necesitamos, como di Miguel.

Está nas mans das administracións educativas, das e os docentes e das familias educar as crianzas, que son os cidadáns do futuro, na empatía. Educar para a igualdade e a xustiza real, como lembra  Rosbelys.

As autoridades sanitarias e o persoal sanitario ten unha importancia capital. A saúde é moi importante na vida. É necesario ter boa saúde mental e todos somos responsables da saúde mental de quen temos ao redor, pero é especialmente importante que as persoas e entidades responsables sexan conscientes de que cando hai unha dificultade é necesario complementar a medicación con outros achegamentos e terapias. Como lembra Fon.

O acceso á vivenda é un problema xigante que afecta, practicamente, a toda a sociedade. A felicidade das nosas familias depende de que teñamos unha vivenda digna, como nos lembra Rosa Eshter. E cada vez hai menos vivendas dispoñibles e as condicións para acceder a elas son imposibles para as persoas en situación de vulnerabilidade económica ou social. As institucións deben resolver esta situación, canto antes.

Un bo traballo podería axudar a paliar o problema da vivenda. Pero moitas veces é difícil conseguilo, como nos lembra Belén. Hai persoas que non poden traballar e é necesario que teñan axudas sociais. Pero moitas outras preferirían ter un bo traballo a recibir unha axuda. Só necesitan que alguén lles dea unha oportunidade de mostrar a súa valía.

As persoas migrantes piden empatía para axudar a soportar o duelo migratorio e axilidade nos trámites, para evitar a revictimización. Queren achegar canto antes, sentirse útiles e parte da sociedade que os acolle, pero senten que a burocracia os limita, fréaos. Como di Euro, unha burocracia máis áxil permitiría aos migrantes ser produtivos para a sociedade. Neste sentido, Yasseyda pon o acento na dificultade para convalidar os títulos e a experiencia laboral noutros países. Estamos a desaproveitar a súa valía.

Unha sociedade máis xusta é unha sociedade máis sa e feliz. Entre todos, podemos conseguir un futuro mellor, como nos lembra Mahyreth. Depende de cada un de nós. Cada un debe asumir a súa responsabilidade.

NÓS SOMOS ACUBILLO

O meu nombre é China e son de Haití. Tiven que saír do meu país porque non era seguro e agora vivo en Vigo nunha vivenda compartida. En Somos Acubillo espero atopar un altavoz a través do que pedir máis recursos para coidar a nosa saúde mental.

Chámome Miguel e son de Vigo. A través de Somos Acubillo quero animar a todas as persoas que o necesiten para que se atrevan a pedir axuda. A miña historia é un exemplo de que aceptándoa é un pouco máis fácil saír adiante.

Son Rosbelys, nai traballadora, profesional, optimista e alegre. Somos Acubillo é un grupo de amigos que queremos un ben común.

Chámome Alfonso e son un mozo que tenta mellorar os seus problemas de conduta adictiva e problemas mentais derivados do consumo de drogas. Espero que o que atopades neste espazo vos axude, para non cometer fallos que poidan pór en perigo a vosa personalidade e existencia.

Rosa Esther, estudante con moitas ganas de seguir medrando neste país. Formo parte de Somos Acubillo, unha iniciativa que busca crear conciencia e visibilizar problemáticas sociais como as dificultades de acceso á vivenda, a violencia de xénero ou as trabas burocráticas e cómo todo isto afecta á nosa saúde mental. Creo na forza da empatía, o compromiso e a acción como motores para transformar vidas.

Chámome Belén e son de Vigo. Considérome unha persoa tímida. Este curso en grupo gustoume moito, os compañeiros son excelentes e estar en Acubillo axudoume a abrirme algo máis.

Son Euro, venezolano buscando un mellor status para a miña familia e para min. Espazos como Somos Acubillo motívanme a pensar que si é posible. Aínda que teñamos contratempos, sempre hai persoas que che dan ese apoio e impulso para alcanzar os obxectivos e que che brindan ferramentas para ser útiles no día a día.

Son Yasseyda. Como emigrante venezolana busco perfilar cada día máis o meu propósito persoal de alcanzar obxectivos trazados. Estou agradecida a Acubillo por visibilizar experiencias que compartimos locais e estranxeiros. Somos persoas e compartimos dereitos e obrigas.

Son Mahyreth, nai venezolana en constante crecemento persoal. En Somos Acubillo atopei o espazo para expresar inquedanzas e vivencias. Foi divertido compartir as miñas ocorrencias mentres aprendía técnicas audiovisuais.

Participaron en Somos Acubillo:
Alfonso Quintela
Alvaro Penas
Andrea Zelaya
Ángeles Requeijo Rego
Belén Castro
China Paul
Clara Rosalba Ponce De Marcano
Eduardo Romero
Euro Gimenez
Jesus Lola Loribo
Jose Francisco Mira Amaya
Katherine Oriana Pereira Martinez
Mahyreth Bravo Rangel
Miguel Angel Bouzon Brea
Olena Kravchenko
Patricio Ordoñez
Rosa Boullosa
Rosa Esther Torres De Guerrera
Rosbelys Ostos Brastegui
Sinette Louis Charles
Tatiana Rodríguez Balseiro
Yasseyda Gabriela Moreno Bastidas
Yudith Fereira Fernandez
Zorayda Mendez

O podcast gravouse en A Morada e estreouse no CIFP Audiovisual de Vigo
Apoio de voluntariado na gravación e edición de vídeo: Miriam Rodríguez
Fotografías da campaña, da gravación do podcast e da estrea: Andrés Fraga
Deseño: The Office

Share This