Somos Acubillo

Somos Acubillo

Ano: 2024 – 2025

Lugar: Vigo

ONGDs: AGARESO e PROVIVIENDA

Proxecto recoñecido na convocatoria Convocatoria de Proyectos Sociales Galicia 2024 de Fundación “la Caixa”

O 25,5% da poboación galega atópase en risco de pobreza e exclusión social, segundo o último informe anual emitido pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social no Estado Español. Esta situación, que afecta a 690.000 persoas cébase, especialmente, coas mulleres e coas e cos menores, escalando ata o 52,7% no caso dos fogares monoparentais. Case 230.000 persoas (un 8,2% da poboación total) sofren privación material e social severa en Galicia. O acceso á vivenda é un factor estrutural que xera e que acelera esta carencia material severa, ao facer prácticamente imposible saír da roda da vulnerabilidade.

A inestabilidade residencial impacta directamente no benestar físico e emocional das persoas que viven en fogares vulnerables, dificulta o acceso á educación e ao mercado laboral e supón un gasto xigante para as capas máis vulnerables da sociedade. De feito, o 19,5 % das persoas en situación de pobreza gastan na vivenda máis do 50% da súa renda. Así, existe unha poboación que sistematicamente quedou excluída do acceso á vivenda e ese foi, entre outros, un dos factores que aumentou a súa vulnerabilidade e a súa situación de exclusión, chegando, nalgúns casos, a convertela en extrema. Isto afecta especialmente a familias con rendas baixas, persoas migrantes ou solicitantes de asilo, familias monoparentais con fillos/as, persoas dependentes ou con persoas dependentes ao cargo e paradas de longa duración. Esta “aceleración multifactorial da exclusión” afecta, cada vez, a máis mulleres e persoas estranxeiras.

Obradoiro de comunicación participativa e xornalismo cidadán

Somos Acubillo é un proxecto deseñado por Agareso, en colaboración con Provivienda, que pretendía axudar a un grupo de 24 persoas adultas en situación de vulnerabilidade residencial a trasladar á sociedade as súas necesidades e demandas. Para conseguilo, en primeiro lugar, foi preciso traballar na recuperación da súa autoestima e tecer entre todos e todas elas unha rede de apoio e confianza mutua, que favorecera o intercambio e a reflexión conxunta

Nese proceso de debate e colaboración, tomaron a decisión conxunta de falar de desigualdade social e de como ésta se materializa en dificultades para atopar un traballo e en problemas de acceso á vivienda e puxeron o acento en cómo todo isto afecta á saúde mental de persoas migrantes e autóctonas, que loitan cada día por saír do círculo da pobreza, enfrontándose a barreiras burocráticas por veces incomprensibles. Para trasladarlle esta mensaxe á sociedade, traballaron colectiva e intensamente durante 7 meses nun taller de comunicación participativa e xornalismo cidadán, compilando fontes informativas, investigando os datos estatísticos dispoñibles e facendo entrevistas a profesionais e a protagonistas.

E deciden, finalmente, darlle ao seu proxecto multimedia a forma dun vídeopodcast, que gravaron o 11 de marzo de 2025, na Morada, arroupadas por familiares, amigos e parte da súa comunidade.

Proxeccións

Unha vez elaborado o seu produto, o equipo ofreceu diversas proxeccións comentadas do videopodcast Somos Acubillo, no que falan da desigualdade social e de como esta se materializa en problemas de acceso á vivenda e ao traballo, facendo fincapé na barreira que supón a burocracia e en como todo o anterior afecta á súa saúde mental. No podcast narran diferentes experiencias en primeira persoa e contan, tamén, coa opinión experta de Ana Pardo, presidenta de EAPN e directora de Provivienda en Galicia, e Montse Roca, técnica de Emaús.

Esta peza, feita por un grupo heteroxéneo de persoas, de diferentes idades e nacionalidades, que buscan empregar exemplos concretos, do día a día, para reflexar que a desigualdade social existe tanto para persoas galegas como para persoas migrantes e que debemos facer algo para combatela, estreouse o 15 de maio en Vigo. 

Despois, foi proxectada tamén nos institutos San José de la Guía e Apóstol Santiago Xesuítas, ambos en Vigo, para seguir profundizando na necesidade de contar con unha educación en valores.

Tamén querían trasladarla aos responsables políticos as súas demandas, para poder cambiar, na medida das posibilidades, a situación. Así,  reunieronse con representantes dos diferentes partidos políticos con representación no parlamento galego.  

A idea era trasladar as súas mensaxes ao maior número de personas posible, e sobre todo en sectores estratéxicos. Por iso, tamén se reunieron co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e participaron no Encontro Galego de Participación de EAPN.

Campaña de sensibilización

Ademais do obradoiro de comunicación participativa, Somos Acubillo tamén realizou unha campaña de comunicación pensada para recordarlle á sociedade viguesa e galega o que representa para a poboación en risco de exclusión (ese 25,5% do que falabamos ao comezo) a ausencia de xustiza social, a batalla contra a burocracia, as dificultades para conseguir unha vivenda digna e un traballo xusto que lles permitan deixar a roda da vulnerabilidade. A campaña foi deseñada a partir das mensaxes que eles mesmos definiron nas sesións de traballo actuando así como verdadeiros axentes do cambio, ideadores de solucións e xeradores de impacto público.
Dentro desta campaña visitaron diferentes medios de comunicación, protagonizaron reportaxes e entrevistas e difundiron as súas mensaxes en infinidade de espazos.

Participaron en Somos Acubillo:
Alfonso Quintela
Alvaro Penas
Andrea Zelaya
Ángeles Requeijo Rego
Belén Castro
China Paul
Clara Rosalba Ponce De Marcano
Eduardo Romero
Euro Gimenez
Jesus Lola Loribo
Jose Francisco Mira Amaya
Katherine Oriana Pereira Martinez
Mahyreth Bravo Rangel
Miguel Angel Bouzon Brea
Olena Kravchenko
Patricio Ordoñez
Rosa Boullosa
Rosa Esther Meza Torres
Rosbelys Ostos Brastegui
Sinette Louis Charles
Tatiana Rodríguez Balseiro
Yasseyda Gabriela Moreno Bastidas
Yudith Fereira Fernandez
Zorayda Mendez

Espazo de gravación do podcast: A Morada
Espazo para a estrea: auditorio do CIFP Audiovisual de Vigo
Apoio de voluntariado na gravación e edición de vídeo: Miriam Rodríguez
Fotografías da campaña, da gravación do podcast e da estrea: Andrés Fraga
Deseño: The Office

Share This