Protéxete do racismo

Protéxete do racismo

Data: 2020

ONGD: CGONGD e AGARESO

Finaciador: Unidade de Atención ás Migracións do Concello de Santiago de Compostela

Dentro do Compostela + Solidaria

 

 

Data: 2020

ONGD: CGONGD e AGARESO

Finaciador: Unidade de Atención ás Migracións do Concello de Santiago de Compostela

Dentro do Compostela + Solidaria

 

 

O 8 de maio de 2020, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Antonio Guterres, dixo que “a pandemia segue desatando unha onda de odio e xenofobia, buscando chivos expiatorios e fomentando o medo” e instou os gobernos a “actuar agora para fortalecer a inmunidade das nosas sociedades contra o virus do odio”. Os ataques contra as persoas de ascendencia asiática propagáronse en todo o mundo no comezo da pandemia e, máis tarde, os medios e as redes sociais espallaron en Galicia e no conxunto do Estado español falsos rumores sobre a suposta maior expansión do virus entre a poboación xitana ou en bares “de ambiente latino”. 

O Consello pola Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica denunciou este “tratamento mediático racista, antixitano e xenófobo por parte dalgúns medios de comunicación” con noticias sobre “a orixe da propagación da enfermidade ou supostos incumprimentos da corentena que aluden á orixe étnica, racial ou nacional das persoas implicadas”.

O Concello de Santiago quere recordarlle a través desta campaña á cidadanía de Compostela que os prexuízos culturais e raciais son mentira e acaban volvéndose contra todos e todas nós. “É responsabilidade de todas e cada unha de nós loitar contra os bulos racistas”, conclúe esta campaña de sensibilización organizada pola Coordinadora de ONGD coa colaboración de Agareso, dentro do programa do Compostela + Solidaria 2020 e distribuída nos principais soportes de comunicación municipal, nas radios locais, nas redes sociais e a través de banners animados para webs informativas ou institucionais

Os materiais, deseñados por Patricia Portela, están dispoñibles para descarga e son de libre difusión. Aqueles gobernos municipais que queiran adaptar a campaña á realidade do seu Concello, poden facelo contactando con Agareso.

PARA IMPRENTA

PARA REDES SOCIAIS

BANNER ANIMADOS

CUÑAS

Share This