Barrios Abertos
Barrios Abertos
Ámbito territorial: Santiago de Compostela
Data: 2014
Colectivo: mozas e mozos migrantes
ONGD: ACPP e AGARESO
Finaciador: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Imane, Marlyn, Ghizlane, Luis, Stanly, Estrella, Paula, Ayoub, Yaiza, Sofía, Lara, Ailin… Veciñas e veciños dos barrios composteláns de San Pedro e Fontiñas. Rapazas e rapaces que naceron noutros países e que agora son unhas picheleiras e picheleiros máis. Todas e todos eles participaron no obradoiro audiovisual de Agareso realizado ao abeiro do proxecto Barrios Abertos, unha iniciativa da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) que tamén se está a realizar en Asturias e Castela-A Mancha e que busca a integración social, cultural, educativa e sanitaria das persoas de orixe estranxeira, facendo dos barrios “o núcleo primario da sociabilización”.
Durante catro meses 15 rapazas e rapaces asistiron a un obradoiro de técnicas audiovisuais no que se pretendía que, ao mesmo tempo que aprendían a realizar un documental ou unha peza informativa, reflexionasen sobre a súa propia integración nos seus barrios e sobre o que eles e elas podían achegar desde a súa cultura de nacemento á súa cultura de acollida.
O resultado, catro pequenas pezas informativas a xeito de reportaxe (sobre integración, participación, solidariedade e multiculturalidade) e un documental de maior duración (Como imanes: Iguales pero diferentes).
No documental Como Imanes cóntanse tres historias: unha ten como protagonista a carnicería halal que existía no barrio de San Pedro e que amosa o día a día deste establecemento. Outra céntrase nunha costureira paraguaia, á que acompañan durante unha tarde, presentando tres historias de vida de tres persoas inmigrantes residentes no barrio. Nas pezas, as rapazas e rapaces fan tamén reflexións en primeira persoa sobre as súas vidas no barrio, as súas culturas de orixe ou á súa adaptación á cultura local.
Dentro do proxecto fixéronse tamén cuñas de radio, locutadas pola propia rapazada e actividades nos barrios que promovían o coñecemento entre culturas.