A Tribo 20-21

A Tribo 20-21

Anos: 2020-21 e 2018-19

Lugar: Santiago de Compostela, con participantes de Ourense, Pontevedra, Vigo e Compostela.

ONGDs: AGARESO e IGAXES

Proxecto recoñecido nas convocatorias Interculturalidad y acción social 2018 e 2020 da Fundación laCaixa.

A Tribo é unha intervención integral que durante 12 meses traballa para fortalecer as capacidades das e os mozos en risco de exclusión, tanto desde o ámbito educativo como psicosocial, e para loitar contra os estereotipos que parte da sociedade ten aínda por certos, como que a mocidade titelada estea nun centro de protección por facer algo malo ou que alumnado con dificultades nos estudos non ten vontade de aprender. Estereotipos que, cando afectan a persoas que xa parten dunha situación vulnerable, poden chegar a converterse nun estigma moi doloroso. A Tribo quere reverter ese estigma e mostrar as enormes capacidades destas mozas e mozos, o seu talento, a súa creatividade e a súa capacidade de esforzo e de análise da realidade.

A segunda fase d’A Tribo contou coa participación de 22 rapaces e rapazas e co apoio de Fundación “la Caixa”. Foron os propios rapaces e rapazas os que decidiron que querían contar e como contalo, nun obradoiro de comunicación participativa que se estendeu dende xaneiro a xullo de 2021 -en plena pandemia-. Decidiron tratar temas como os conflitos familiares e o abandono infantil, a vida nunha vivenda de acollida, o racismo que sofren as persoas migrantes e o estigma que acompaña as menores titeladas ou especialmente vulnerables. Guionizaron, protagonizaron e gravaron integramente as súas historias, co obxectivo de demostrar e demostrarse que a súa ollada sobre o mundo importa, que os conflitos que lles atravesan a vida a eles e elas importan.

O resultado son estas catro curtas, tres pílulas sonoras, varios ensaios fotográficos e unha campaña de comunicación.

 

As curtas

Eme decide abandonar o seu país cando se enfronta a uns cánones establecidos cos que non pode encaixar. As expectativas de mellorar a súa calidade de vida trúncanse cando chega a España e a acollida non é a que esperaba

Chari, Jorge e Aitor contan a súa experiencia como menores protexidos polo sistema de vivendas de acollida e titela e enfróntana cos bulos, os estereotipos e os prexuízos que a nosa sociedade proxecta sobre elas e eles.

Un pai machista e homófobo pretende impedir que a súa filla herde a empresa familiar e, con ela, a súa ansiada independencia ecónomica. Non conta coa solidariedade entre irmáns, que cunha voda inesperada pero certeira logran aproveitar un vacío legal e reverter a inxustiza

Dúas adolescentes atópanse na aula de estudo do instituto e superan as súas desavenencias ao compartir as dificultades familiares que tiveron que atravesar na vida. A súa conversa deixa ver as marcas que deixan o abandono infantil e as responsabilidades prematuras.

Os podcasts: “No son cosas de mayores”

Cuña

Maioría de idade

Bullying

Música

Difusión de resultados

Ademais do obradoiro de comunicación participativa do que xurdiron as curtas, fotografías, podcast e carteis, A Tribo inclúe reforzo escolar durante todo o curso e mais proxeccións dos resultados do proxecto nos centros educativos aos que asisten estes mozos e mozas e nas facultades de educación, educación social e comunicación, para favorecer a reflexión conxunta co resto da comunidade educativa sobre as dificultades extraordinarias que afrontan os rapaces e rapazas en risco de exclusión e as políticas de equidade que serían precisas para contrarrestalas.

Estas actividades complementaranse cunha campaña de comunicación. Os e as mozas en risco de exclusión social non queren ser xulgados/as, nin que se lles poñan límites. Ao contrario, queren que a sociedade as escoite, as valore e preste atención ás súas historias. Vas permitir que o comezo marque o noso destino? é o slogan principal desta campaña que definiron e protagonizan Aitor, Alecoy, Valentina, Aroha, Gabriel, Karma, Ilias, Jordan, Jorge, Natxo, Lorena, Mariana e Chari segundo as mensaxes que pretenden transmitir, converténdose así nas verdadeiras axentes do cambio, ideadoras de solucións e xeradoras de impacto público.

A campaña distrubúese nos centros educativos e socioculturais da contorna dos seus protagonistas, co obxectivo de lembrarlle á sociedade que os rodea que as súas voces tamén importan e que deben ser escoitadas. Piden que non xulguemos nin poñamos límites ás súas vidas, que non miremos para outro lado nin os deixemos caer e propoñen, simplemente, que nos deamos conta do que valen e que os axudemos a cambiar o rumbo.

Participaron en A Tribo 20-21:
Aitor Otero Ricart
Pablo Luis Cabarcos López
Alecoy Cárdenas Schwenke
Andrea Valentina Dos Santos Gómez
Aroha Brandón Rodríguez
Axel Paredes Quintos
Christopher Paredes Quintos
Dawel Elian Rodríguez Rivera
Gabriel Rodríguez Rodríguez
Gabriela Sánchez Graña
Ilias Hira
Jordan Jhosep Vilca Agüero
Jorge Fernandes da Faia
Jorge Julio Fernández Morales
José Cárdenas Schwenke
José Ignacio Quirós Blanco
Lorena Seoane García
Luis Cárdenas Iglesias
María Otero Area
Mariana Michels dos Santos
Rosario Lojo Arias
Snayder Josué Muñoz Inga

Fotografías da estrea: Andrés Fraga
Vídeo da estrea: Xarda
Deseño: The Office

A campaña

A etapa final do proceso formativo de A Tribo é o deseño e difusión dunha campaña de sensibilización protagonizada pola mesma rapazada, na que as e os mozos en risco de exclusión social nos din que queren que a sociedade as escoite, as valore e lles preste atención ás súas historias. Vas permitir que o comezo marque o noso destino? é o slogan principal desta campaña que eles e elas mesmas definiron e personalizado segundo as mensaxes que pretenden transmitir, sendo as verdadeiras axentes do cambio, ideadoras de solucións e xeradoras de impacto público.

A campaña, ademais de no espazo público e nas redes sociais, distribuirase mediante cartelaría nos centros educativos e socioculturais da contorna das súas protagonistas. Desta forma, pretende lembrarlle á sociedade que as rodea que as súas voces tamén importan e que debemos escoitalas. Piden que non xulguemos nin poñamos límites ás súas vidas, que non miremos para outro lado nin os deixemos caer e propoñen, simplemente, que nos deamos conta do que valen e que as axudemos a cambiar o rumbo.

COÑECE A NOSA TRIBO

Valentina é unha persoa reservada, aínda que tamén sociable e agradable. Gustaríalle ter un traballo relacionado coa animación porque no seu tempo libre pásao ben xogando a videoxogos. Ela é consciente das súas responsabilidades e moléstalle que lle repitan demasiadas veces o que ten que facer.

Nacho é un adolescente de 17 anos ao que lle gusta a hostalaría, o baloncesto, ler e escribir historias post-apocalípticas, de terror e de fantasía. No futuro gustaríalle ter unha situación estable, cun traballo que lle permita vivir e un grupo de amigos nos que poida confiar.  O que menos lle gusta é o machismo e o capitalismo.

Mariana é unha rapaza de 18 anos moi sociable e amigable, porque ninguén se merece un mal trato. Quere mudarse a Barcelona, estudar Belas Artes e ter un traballo estable relacionado cos seus estudos. Gústalle debuxar, ler e manterse informada do que acontece no mundo. Aspira a estar tranquila e non lle gusta a xente hipócrita nin que se cre superior ás demais.

Lorena é unha persoa divertida e agradable. O que máis lle gusta é axudar á xente e estar aí para quen o precise, por iso quere estudar educación social. O que non soporta son as mentiras.

Karma é algo en proceso de construción, un concepto, algo confuso. No futuro non se imaxina de ningunha maneira, porque non ve saídas laborais. Quere unha vida tranquila na que coidar de plantas, ter gatos e dar paseos pola praia. Gústalle todo o relacionado coa creación artística: audiovisuais, escribir, debuxar.

 Jorge é un rapaz de 20 anos que reside nunha vivenda tutelada en Vigo. Quere vivir en Nova York porque lle atrae a cultura norteamericana e, como quere ser actor, cre que ten máis probabilidades de atopar traballo alí. Agora, que busca traballo, resalta que lle gustaría que as empresas, ao rexeitar a alguén, deran unha explicación para poder mellorar.

Jordan é unha persoa moi sociable e amante dos animais, en especial dos cans, e dos seus amigos. No futuro gustaríalle ser chef, porque lle gusta cociñar as comidas típicas do seu país: Perú.

Gabriel é unha persoa a que lle gusta transmitir alegría. O seu tempo libre adícallo a xogar ao fútbol, á consola e a practicar o freestyle. Non lle gusta a xente mentireira e, no futuro, vese cunha famila, un traballo e vivindo feliz.

Chari é unha rapaza de 17 anos que reside nunha vivenda tutelada en Santiago. De aquí a 10 anos gustaríalle poder vivir soa ou con compañeiras e compaxinar os estudos co traballo. No seu tempo libre le e pensa nela mesma. O que menos lle gusta é a xente que fala sen saber.

Aroha é unha persoa libre e cambiante. Non lle gusta facer sempre o mesmo; necesita explorar cousas novas. Tamén se considera extrovertida e creativa. Disfruta do seu tempo libre pintando mentres escoita música. No futuro quere ter o seu propio estudo de tatuaxes.Cre que, para construir unha sociedade mellor, deberiamos ser máis empáticos e respectarnos entre todos.

Alecoy é un pouco introvertida, dinámica e implícase moito nos proxectos que a motivan. Encántalle todo o que teña que ver co audiovisual e coa creatividade, por iso lle gustaría estudar animación. Non lle gustan nada as matemáticas, aínda que tolera os polinomios.

Crearon a campaña de A Tribo 20-21 “Vas permitir que o comenzo marque o seu destino?”:
Aitor Otero Ricart
Alecoy Cárdenas Schwenke
Andrea Valentina Dos Santos Gómez
Aroha Brandón Rodríguez
Gabriel Rodríguez Rodríguez
Gabriela Sánchez Graña
Ilias Hira
Jordan Jhosep Vilca Agüero
Jorge Fernandes da Faia
José Ignacio Quirós Blanco
Lorena Seoane García
Mariana Michels dos Santos
Rosario Lojo Arias

Fotografías: Andrés Fraga
Deseño e vídeo: The Office

Share This