Tres protagonistas de Xeración Contrainfo e A Tribo presentaron no Centro Internacional de Prensa de Galicia, en Santiago de Compostela, os seus proxectos a profesionais do xornalismo, nunha actividade organizada xunto co Colexio de Xornalistas.

Diana Viveros falou da existencia de discurso de odio e de racismo na nosa socieade e da necesidade de entender e interiorizar que migrar é inherente á vida humana e está presente, tamén, na nosa propia historia. Mentres que Helena de Lima e Viktoria Sousa (Ryuu) recordaron que é preciso que as persoas adultas presten máis atención ao que a rapazada ten que dicir. Especialmente, en materia de saúde mental.
Estableceuse, finalmente, unha interesante conversa entre as protagonistas e as e os profesionais da informacións sobre a representación das distintas realidades nos medios e sobre o papel que a comunicación pode ter á hora de construír un mundo mellor.