Finalizamos o primeiro obradoiro da 11ª edición de EpDLab, onde traballamos a educación como un dereito universal e unha ferramenta clave para construír un futuro máis xusto e igualitario.
A través de dinámicas colectivas, mapas e datos sobre desigualdade, analizamos como a educación inflúe nas oportunidades. Tamén exploramos os ODS e coñecemos a mulleres activistas que loitaron polo dereito a estudar, recordándonos que o cambio é posible.

O alumnado compartiu reflexións tan potentes como:
“A educación é importante e pode influír no noso futuro”,
“Non todo o mundo ten as mesmas oportunidades”,
“Antes pensaba que as mulleres sempre puideron estudar e agora sei que non”.
Ademais, xogaron a imaxinar un futuro con máis posibilidades para todas e todos, un exercicio que permitiu visualizar alternativas máis igualitarias e xustas. Para nós, estas ideas son unha semente que impulsa unha mocidade crítica, activa e comprometida co cambio social.
Para pechar, transformaron o aprendido nunha actividade creativa: fotografías, frases e slogans elaborados con Phonto. Un final dinámico para un proxecto do que seguimos aprendendo cada ano grazas á súa participación.