O XIV Curso de especialización en Comunicación para o Cambio Social que organizamos dende a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dentro do proxecto Xeración Contrainfo concluiu o pasado mes de marzo, coa entrega dos traballos grupais e individuais do alumnado. Compartímosvolos.
GRUPAL
GRUPO 2: PRIVADA MODERNA
Érika Martínez, Miriam Rodríguez, Zeltia Sa de Juan e Ángel Cea.
Privada Moderna, a historia da loita veciñal e resistencia fronte ao mobbing inmobiliario.
INDIVIDUAIS
“O vacío do Deza”. De Ángel Cea
Dende hai moitos anos, a despoboación constitúe un dos maiores problemas do rural galego. A comarca do Deza, unha das áreas mais afectadas por esta problemática, parte como escenario para dar voz a tres xeracións diferentes de persoas que conviven diariamente con esta realidade.
“Entre Mareas”. De Érika Martínez
Hai anos que a pesca depende en gran medida das persoas inmigrantes para manter a flote os seus barcos, ante a crecente falta de remuda xeracional que afronta o sector. Porén, as dificultades para contratalas son maiores pola sua condición de inmigrantes.
‘Entre mareas’ aborda esta situacion a través da historia de Boubacar, mariñeiro senegalés, e Carmen Chamorro, armadora e presidenta da pesca de cerco de Galicia.
“Racismo”. De Hugo García
Unha historia con moitas almas.
“Vivir de alugueiro aos 40”. De Marta Rodríguez
Nesta reportaxe expoñemos o contexto do alugueiro na Coruña: a súa problemática e as medidas que están empezando a pensarse de maneira inefectiva aínda, e moi incipientemente. Centrámonos no problema que supón para un grupo concreto de persoas (xente de 40 anos ou máis, que viven soas e con soldos básicos) que se lles presupón xa cunha estabilidade na vida, e que non se lles dan axudas por estar “en terra de niguén” por idade.
“Comunidade de montes de Teis”. De Miriam Rodríguez
Compartir e respetar forman parte do común. A Comunidade de Montes de Teis leva 25 anos xestionando o monte comunal dende a recuperación de especies autóctonas e a educación ambiental.
“O deporte, unha fonte de LGTBIfobia”. De Miguel Gómez
🚫🏳️🌈 Sabías que o deporte é un dos ámbitos da sociedade onde aínda existe unha maior discriminación das persoas por mor da súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero?
📊 O 66% das persoas enquisadas pola Agrupación Deportiva Ibérica (ADI) manifestan ter sido discriminadas a causa da LGTBIfobia.
🏋🏻 Na Coruña as persoas do colectivo atoparon dous espazos seguros para ser elas mesmas mentres practican deporte: Artabros Crossfit e Roller Derby Irmandiñas.
🚨 Tamén existe unha escasa presenza feminina en cargos deportivos femininos: de 66 federacións nacionais apenas tres están encabezadas por mulleres.
O Curso de especialización Comunicar para o Cambio é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega e do proxecto “Como contribuir a un mundo máis xusto dende a comunicación” financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interés xeral para fines de carácter social con cargo a asignación tributaria do IRPF.