O XIII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional que organizamos dende a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dentro do proxecto Xeración Contrainfo concluiu o pasado mes de maio, coa entrega dos traballos grupais e individuais do alumnado. Compartímosvolos.
GRUPAIS
GRUPO 1: IVANGA: danza, cultura y tradición:
María Filgueira, Candela Estévez e Adrián Aguilera
Ivanga é unha danza tradicional ecuatoguineana, da etnia ndowe, onde só bailan e cantan as mulleres. Como gran parte da tradición cultural africana, e debido a un desenvolvemento da educación afastado da lingua e cultura propias, a arte e a cultura están baixo ameaza de desaparición.
GRUPO 2: La lucha desde el silencio
Esther Muiño e Mariam Aguilar
Entrevistamos a Rosi, unha muller de mediana idade que nos conta como viviu a súa homosexualidade nos anos 60 e 70. Tamén nos explica como ve a situación actual para persoas novas do seu colectivo respecto a súa época.
GRUPO 3: La ampliación del CHUAC: una solución polémica
Camila Mosquera, Mar Navarro e Lydia Fernández
Reportaxe sobre as implicacións da ampliación do CHUAC na Coruña.
GRUPO 4: “Change ma bi Souniou lokho la nek” (“O cambio está nas nosas mans” en wolof)
Maréme Fall, Ahmed Dame, Javi Ramos e Miguel Casaseca
Son dúas entrevistas realizadas a xóvenes senegaleses residentes en Galicia acerca da situación das persoas migrantes dese país en España e das posibilidades de futuro que vén para a súa terra de orixe
INDIVIDUAIS
“Pan para hoxe, fame para mañá”. De Javi Ramos
Se trata dunha reportaxe acerca da mobilización veciñal en contra do proxecto mineiro planteado nos concellos de O Pino e Touro, que terminou sendo rexeitado polas autoridades polos graves riscos de contaminación e impacto negativo sobre o territorio existentes.
“Sembrant Futur”. De Mar Navarro
Un documental audiovisual sobre a importancia de defensa do territorio e en contra de proxectos de agresión como novas estradas onde eu vivo, na comarca da Safor (Valencia).
“Li diara debat (O que deberíase debatir)”. De Maréme Fall
O meu podcast ten como obxectivo a realidade e os problemas que rodean a inmigración. O motivo principal é que lxs senegalesxs idealizan os países europeos e a falta de oportunidades no país é a razón pola cal estes mozos deciden deixar as súas nacións e as súas raíces en busca dun futuro mellor. Tamén é importante para min visibilizar a falta de oportunidades e as dificultades que sufriron estas persoas cando chegaron a Europa.
“Ecos”. De Candela Estévez
Ecos busca pór en manifesto, a modo de pequena charla cos seus dous protagonistas, Ibrahim e Wande, a grandísima desconexión que existe entre a relidade migrante e a non migrante en Vigo. Esta desconexión se manifesta en forma de descoñecemento total da existencia de persoas nunha situación semellante na miña cidade. Por iso necesitamos que, para que poidan contar a súa historia, as súas voces non sexan simples ecos.
“¿Vivir del periodismo? Más bien sobrevivir”. De Lydia Fernández
Cada ano gradúanse nas universidades españolas máis de 7.000 xornalistas, pero, co título debaixo do brazo, atópanse ante un panorama desolador: subempleo, paro, explotación laboral e a necesidade de reinventarse para poder vivir dignamente. Esta reportaxe aborda estes primeiros pasos na industria desde a experiencia de tres graduadas, os datos que plasman a crúa realidade e expertos.
“Un lugar llamado humanidad”. De Adrián Aguilera
Cando o único referente que tes para comprender o mundo é o teu país, cando non es consciente de que fuches adoutrinado, cando crees que abandonaches do todo o que crías a túa esencia: comezan cuestionamientos tan importantes como a liberdade. Que é a liberdade? Un país independente é libre? A liberdade está condicionada por un factor económico ou por un factor social? Ser cultos é o único modo de ser libres? Ao compararnos, comprendemos que todos somos o mesmo, que somos a humanidade enteira, e nese coñecemento creo eu ,que está a verdadeira liberdade.
“Más allá de mi piel”. De Mariam Aguilar
Nesta crónica relátase o encontro que tiven con Lucía Mbomío. Charlamos sobre o que implica ser muller, negra, de clase obreira hoxe en España. Desde a admiración cara á xornalista, descubro por que nosa sociedade segue sendo tan racista mesmo naqueles espazos onde se supón que debe primar a interseccionalidad.
“Unha fiestra ao feminismo veciñal”. De María Filgueira
A xanela das Fucas é un programa radiofónico actual, coordinado por mulleres, que entrevistan a mulleres anónimas e referentes, escritoras, pintoras, empresarias, veciñas de Ferrolterra. Radio FilispiM, emisora comunitaria, dá cabida a estes encontros semanais que pretenden debullar o feminismo actual de a pé. O nome do programa rende tributo a Fuco Buxán, exemplo da esquecida Galicia da diáspora, e posto en valor por Celso Emilio Ferreiro.