O XI Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional que organizamos dende a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) dentro do proxecto Escolas Sen Racismo concluiu o pasado mes de maio, coa entrega dos traballos individuais do alumnado. Compartímosvolos.

GRUPAIS

GRUPO 1: PODCAST SALUD MENTAL

Paula Barriga, Clara González e Marta Caride

A saúde mental dos mozos viuse especialmente afectada durante a pandemia, chegando a coarse na axenda pública. Pero, até que punto é accesible o tratamento profesional? A psiquiatría convencional proporciona un lugar de seguridade para o paciente? Conversamos e reflexionamos sobre o tema con Proxecto Locus.

GRUPO 3: LA PANDEMIA EN TEMPOS DE ADICCIÓN

Lucía Larios, Carlos Iglesias e Iria Juiz

Investigamos, a través de entrevistas a expertos e afectados, como afectou a pandemia e o confinamento para aquelas persoas que sofren unha adicción. Talvez nós sexamos unha delas.

GRUPO 4: COMPOSTELA CIDADE BALEIRADA

Gala Dacosta, Rosalía Quiroga, Arantxa Ramos e David Pérez

Unha reportaxe sobre a xentrificación de Santiago de Compostela, atendendo as testemuñas de catro persoas.

INDIVIDUAIS

Reportaxe de Clara González sobre a Memoria Histórica. Cos testemuños de Javier Iglesias, antropólogo forense e fundador de ArqueoAntro, un grupo interdisciplinar cuxos últimos traballos se centran na investigación e exhumación de fosas comúns e recuperación de soldados da Fronte de Levante, e de Isabel Serrano, estudante de Ciencias Políticas e Sociología e bisnieta dun fusilado.

Esta peza audiovisual de Rosalía Quiroga recolle a loita da veciñanza do Baixo Miño e o Val Miñor por defender a Serra da Groba, en inminente perigo ante un macroproxecto eólico. Unha mirada dende o territorio que denuncia a desfeita ambiental que hoxe ameaza a moitas comarcas galegas.

Un proxecto audiovisual de David Pérez, no que de forma distante se pretende comprender a vida da nosa terra, entre a persoas que a traballan día a día sumerxíndose coa paisaxe que nos envolve.

Podcast de Lucía Larios. O 13 de Novembro rompese o alto ao lume entre o Sahara Occidental e o Reino de Marrocos. Dá comezo así, unha guerra moi desexada polo pobo saharauí, pero que non é de fácil acceso debido á COVID-19. Un futuro incerto que ten como meta a construción dunha República Independente, un soño polo que levan esperando trinta anos. 

Podcast de Paula Barriga. O día a día para Colombia volveuse como un café amargo. Penetrámonos nas protestas nacionais da man de dúas mozas colombianas que ven o seu futuro manchado polo sangue e a violencia.

Iria Juiz realizou a reportaxe escrita Os menores tutelados: 

Non son poucos os menores que se atopan na nosa comunidade baixo a tutela da Xunta, e a pandemia volveu poñelo sobre a mesa. Nesta reportaxe, e dunha forma resumida, exporei as diferentes opcións ás que se enfronta unha persoa -que por diversas razóns- non pode seguir vivindo na súa familia máis cercana (os seus pais biolóxicos); contaremos ademais con testemuñas de primeira man que aportarán a súa visión persoal.

E Carlos Iglesias escribiu a reportaxe escrita Salir adelante:

Trátase dunha entrevista a través da que coñecer a historia de Martha Tonconi, unha muller migrante que loita por saír adiante enfrontando dificultades. A través dela pretendemos describir unha viaxe e un relato común, no que non interese tanto a cara protagonista senón a silueta vista desde atrás, pois nela cabe moita máis xente.