O VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional que organizamos dende a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) dentro do proxecto Escolas sen Racismo concluiu o pasado mes de xuño, coa entrega dos traballos individuais e grupais do alumnado. Compartímosvolos.
Os Yayoflautas de Noia | Leticia Francisco, Uxía Carrera, David Ferreiro, Alba Pérez, Noelia Cortizo e Cynthia Martínez
Construíndo liberdades | Marcos Fernández
Afrogalegas | Raul Novoa, Elisa Piñón, Paula González, Mariola Mourelo e Nerea Magide
La fuerza en el eco de las calles | Uxía Pérez Fieiras
Adios Montes | Louise Adams, Marcos Fernández, Uxía pérez, Román Varela
IGAXES contra o risco de exclusión | César Fieiras
Leticia Francisco fixo unha reportaxe radiofónica sobre a violencia de xénero no rural galego. Podedes escoitala aquí.
Lucía Crujeiras e Cinthya Martinez redactaron Transtereotipadxs, un extenso artigo que aborda en profundidade os problemas que enfrenta o colectivo transexual en España, a través de varias testemuñas.
Louise Adams asina a reportaxe De las mujeres gitanas a todas las mujeres: luchando por cambiar los tiempos, sobre a estigmatización que sofre a poboación xitana en España, poñendo especial énfase na situación das mulleres.