O equipo do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento (EpDLab) ofrece un novo obradoiro en liña para que o profesorado galego poida traballar co seu alumando o consumo responsable a través da contrapublicidade. Está dispoñible na plataforma Moodle Cloud, xunto co módulo anterior adicado á realidade da República Dominicana, e pódese acceder aquí empregando invitado como nome de usuario e como contrasinal.

O EpDLab é un proxecto de innovación educativa e de comunicación para o cambio social que desenvolvemos en varios centros de Secundaria co obxectivo de educar en valores e incrementar o pensamento crítico da rapazada galega. Dende o establecemento do Estado de Alarma pola crise da Covid19 e o peche dos centros de ensino, o equipo do proxecto está a facer un esforzo por trasladar as formacións á contorna dixital e ofrecelas para o libre uso do profesorado interesado. Hai máis información aquí.