Dúas das participantes na Tribo 20-21, Lorena e Aroha, protagonizaron o fermoso epílogo organizado polo seu instituto, o IES do Milladoiro, ao proxectar os traballos realizados pola rapazada para todo o alumnado de 2º e de 3º da ESO. Lorena e Aroha explicáronlles ás súas compañeiras e compañeiros e a o profesorado do seu centro que A Tribo é un lugar seguro no que poder ser elas mesmas e falar en primeira persoa das problemáticas que viven no seu día a día. Contáronlles que é importante que a xente nova -especialmente aquela con dificultades sociais ou económicas- poida atoparse e falar e que a xente adulta escoite todo o que teñen que dicir.