O XV Curso de especialización en Comunicación para o Cambio Social Comunicar para o Cambio que organizamos na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo concluíu o pasado mes de abril coa presentación final de traballos individuais en grupais do alumnado. 

Catro alumnas foron seleccionadas por ter realizado as mellores pezas e polo seu compromiso durante as sesións para ampliar a súa formación nunha modalidade práctica en terreo. Esta semana viaxan a Gran Canaria acompañadas por equipo técnico da organización. 

Compatimos a continuación tódalas pezas elaboradas nesta edición do curso:

Traballos individuais

Traballos grupais

Integración en Galicia

por Alejandra, Araceli e Simón

Soster

por Andrea, Claudia, Katia, Lydia e Sara

Entrevistas loita contra Altri

por Claudia, Micaela, Silvia e Vanesa

O Curso de especialización Comunicar para o Cambio é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega e do proxecto Como contribuír a un mundo máis xusto dende a comunicación financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interés xeral para fines de carácter social con cargo a asignación tributaria do IRPF.