Mulleres lideresas pola defensa dunha vida libre de violencias en El Salvador

Mulleres lideresas pola defensa dunha vida libre de violencias en El Salvador

Ámbito territorial: El Salvador (Departamentos de Cabañas e Cuscatlán)

Fecha: 2025

Personas beneficiarias: 125 mulleres dos municipios de Suchitoto, San Isidrio, Jutiapa e as súas comunidades.

Socia local: Asociación Colectiva de Mujeres para el Desarrollo Local (CFDL)

Principal Financiador: Concello de Santiago de Compostela

Presupuesto: 49.510,50 €

Este proxecto ten como obxectivo principal contribuír á participación plena e efectiva das mulleres e á igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis da adopción de decisións na vida política, económica e pública, o que sen dúbida mellorará a súa calidade de vida. Facémolo, fortalecendo as capacidades de incidencia e participación cidadá de mulleres e mozas dos municipios rurais de Cabanas e Cuscatlán, El Salvador. Acompamos, tamén, as súas accións de incidencia local e rexistramos as súas necesidades e reivindicacións, co fin de darlles visibilidade a través dos medios de comunicación e das redes sociais, nunha campaña de sensibilización que pretende contribuír á loita contra a ausencia do colectivo no sistema de representación social salvadoreño, mellorando o recoñecemento plural das diferenzas e o exercicio pleno e igualitario dos dereitos humanos.

Trátase dunha segunda fase do proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación en 2021 Mulleres lideresas pola defensa e pola sustentabilidade ambiental no Departamento de Cuscatlán (O Salvador), que desenvolvemos desde a primavera de 2021 até a de 2022, man a man con CFDL. Este proxecto buscaba o fortalecemento dos liderados e da participación cidadá de mulleres ambientalistas salvadoreñas na promoción dos dereitos ambientais e na defensa do territorio dos municipios de Suchitoto, Candelaria e Tenancingo, a partir da contraloría social e da sensibilización ambiental comunitaria. A proposta sumaba, tamén, a promoción da participación das mulleres na defensa do Dereito Humano á Auga e á protección dos bens naturais. Xeráronse Escolas de Formación Comunitarias sobre liderado, medioambiente e contraloría social e un grupo con intereses en comunicación e portavocía recibiu formación complementaria para xeración de contidos e incidencia. Tamén se fixo un mapeo dos medios comunitarios e creáronse acordos específicos para a emisión de contidos. Desta proposta, nace a iniciativa actual de traballo conxunto, na que se apostará de novo polo modelo de escolas comunitarias e liderado das mulleres, na mesma área do país centroamericano, se ben adaptando os contidos e a selección de mulleres á situación política actual de El Salvador.

Como é ben sabido, o traballo que organizacións como La Colectiva Feminista de Desarrollo Local levan décadas desenvolvento en El Salvador está a verse seriamente afectado polas políticas confrontativas que mantén o actual goberno salvadoreño coa Sociedade Civil, a todos os niveis políticos e administrativos.

 

ESCOLA DE LIDERESAS RURAIS

Implementamos unha nova edición da Escola de lideresas na que participaron 38 mulleres dos municipios de San Isidro e Jutiapa, no rural de El Salvador. As formacións ofrecéronse simultaneamente nos dous municipios, para facilitar o acceso das mulleres que viven en comunidades rurais. Todas elas son persoas involucradas coa defensa de dereitos nas súas comunidades, de entre 30 e 50 anos, pero con escasa formación e con estruturas organizacionales que requiren a renovación e ampliación dos seus cadros directivos. Esta formación mellorou as súas capacidades para o liderado e a participación social, especialmente no relativo á detección e atención ás violencias exercidas contra as mulleres.

Asociación de Mulleres Liderezas Apoiando o desarrolo de San Isidro (AMLADSI)

Asociación de Mulleres Emorendedoras de Jutiapa (AMEJ)

ACTUALIZACIÓN PARA MULLERES DEFENSORAS

20 integrantes das Acompañantes, un grupo mulleres de diversos municipios de Cuscatlán e Cabanas que desde a empatía, a solidariedade e sororidade acompañan a mulleres en situación de violencia de xénero participaron na necesaria actualización de coñecementos legais, ante os numerosos cambios legais e administrativos que se viñeron producindo no país ao longo dos últimos anos. Proceden de distintas localidades e teñen, maioritariamente, entre 31 a 60 anos. A través do seu labor, non só axudan a sandar feridas individuais, senón que tamén promoven un cambio social significativo, reafirmando a importancia da xustiza e a dignidade para todas as mulleres. O labor deste grupo é fundamental para achegar servizos de acompañamento ás mulleres, máis ante a limitantes que existen actualmente coa prohibición que teñen algunhas referentes da Unidade Municipal das Mulleres para acompañar casos de violencia de xénero. Por iso, contar con mulleres preparadas para acompañar a outras mulleres en fundamental ante os poucos ou nulos servizos de atención e acompañamento a nivel institucional nos distritos e municipios de Cuscaltán e Cabañas.

As mulleres participantes no proceso de actualización acompañaron a 9 mulleres vítimas en situación de violencia de xénero, ademais, grazas ao apoio económico e de persoal do proxecto.

ESCOLA DE CULTURA DEMOCRÁTICA PARA RAPAZAS

Un grupo de 25 rapazas e rapaces de San Isidro e Jutiapa, quen teñen vínculos familiares coas integrantes das organizacións de mulleres AMLADSI e AMEJ, participaron nunha Escola Democrática e Cívica que lles permitiu coñecer e recoñecer os seus dereitos e iniciar un proceso de empoderamento persoal e político sobre dereitos das mulleres. A maioría provén de contornas rurais e enfronta numerosos desafíos que impactan o seu desenvolvemento económico e profesional. Nestes municipios, a agricultura e a produción local son alicerces fundamentais da vida diaria, e moitos mozos participan activamente en labores agrícolas xunto ás súas familias, cultivando non só a terra, senón tamén un sentido de comunidade e pertenza. En Jutiapa e San Isidro, este grupo de xente moza involúcranse frecuentemente en actividades comunitarias, amosando un forte desexo de contribuír e mellorar a súa contorna. Con todo, un dos desafíos máis significativos que enfrontan é o acceso limitado a unha educación de calidade e a oportunidades laborais. A distancia dos centros educativos e a situación económica das súas familias a miúdo dificultan o seu acceso á educación e a mobilidade, o que limita as súas opcións de desenvolvemento.

Este proxecto quere axudalas a definir as súas propias estratexias e a defender os seus propios dereitos no ámbito comunitario, como un paso necesario para asegurar a substitución xeracional e a saúde democrática do país que tamén contribúe a mellorar a vida das mozas neste momento. Trátase dun colectivo especialmente vulnerable aos mandatos de xénero presentes na sociedade e atópanse dobremente recluídas no fogar: pola idea social de que ese é o seu sitio, polo risco de violencia, polo custo do transporte e pola ausencia de propostas públicas de lecer saudable para elas.

ESPAZOS DE INTERCAMBIO

Co obxectivo de fomentar o diálogo e a aprendizaxe mutua, fortalecendo a todas as participantes e xerando un impacto positivo nas nosas comunidades, desenvolvéronse tres actividades comunitarias cun enfoque interxeneracional entre mulleres adultas e mocidade que permitirá cultivar un sentido de comunidade e apoio mutuo, celebrando a riqueza que cada muller achega e traballando xuntas cara a un futuro máis xusto e inclusivo.

Un encontro interxeracional, entre mulleres organizadas e a rapazada participante da Escola de Cultura Democrática.

Unha actividade de promoción do activismo e da participación na esixencia de dereitos vulnerados.

Un festival da diversidade de mulleres.

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL

A xornalista comunitaria Carolina Mena rexistrou documentalmente os procesos formativos e de autocoñecemento das mulleres rurais e das rapazas novas e creou varias pezas xornalísticas multimedia sobre as experiencias vitais e as dificultades para exercer unha cidadanía plena das participantes. Estas pezas foron publicadas na Gaceta de Suchitoto, onde contribuiron ao recoñecemento plural da diversidade e a representación das mulleres na vida pública, así como a que as novas e adolescentes poidan exercer libre e plenamente os seus DDHH.

Radiografía de las juventudes de Jutiapa: Maternidad, migración, salud emocional y liderazgo

Cuatro jóvenes de Jutiapa comparten sus historias marcadas por la maternidad temprana, la migración, y la falta de oportunidades; pero en sus vidas también florece el liderazgo, la esperanza y la búsqueda de bienestar emocional.

Guadalupe y Marlene: Las mujeres que sostienen la organización comunitaria en Jutiapa, Cabañas

Con fuerza y convicción, Guadalupe y Marlene sostienen procesos comunitarios que demuestran que, cuando las mujeres se organizan y acompañan a otras, son capaces de transformar no solo sus vidas, sino también la de toda la comunidad.

Vidas en resistencia: La fuerza de las mujeres de San Isidro, Cabañas

Elizabeth, Dora y Lorena son mujeres del distrito de San Isidro, Cabañas, que resisten y luchan desde realidades distintas pero marcadas por una misma historia de desigualdad. A través de sus voces, se revela la carga silenciosa que enfrentan las mujeres: violencias y falta de oportunidades. Sin embargo, emergen desde la organización comunitaria, la sororidad y el deseo de transformar a la comunidad. Ellas sostienen la vida, el territorio y reivindican sus derechos humanos.
Share This