Muda o conto: Mocidade contra o discurso do odio nas redes

Muda o conto: Mocidade contra o discurso do odio nas redes

Ámbito territorial: Galicia

Data: primeira edición 2020-2021; quinta edición 2024-2025

Finaciador: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (antes de 2025 Política Social) da Xunta de Galicia

Presuposto 2024-2025: 11053,81 €

Ámbito territorial: Galicia

Data: primeira edición 2020-2021; quinta edición 2024-2025

Finaciador: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (antes de 2025 Política Social) da Xunta de Galicia

Presuposto 2024-2025: 11053,81 €

 

 

Muda o conto é un proxecto que nace coa crenza de que a mocidade estudante de comunicación é un motor de cambio contra o odio.

Baixo ese obxectivo, durante o proxecto realízanse formacións nas diferentes universidades galegas para achegar ao estudantado que son os discursos de odio, como identificalos, cal é o panorama no que se expanden e como combatelos. Formamos ao alumnado nas ferramentas e estratexias necesarias para facer fronte a estes discursos como comunicadores/as e animámolos a ser partícipes no cambio de narrativas. 

Para isto, xeramos un grupo motor de alumnado das tres universidades galegas que se organiza, co noso apoio, para levar a cabo unha campaña de sensibilización sobre a temática, da man do colectivo implicado nestas discriminacións e dirixida aos seus compañeiros/as. En cada edición, o programa traballa unha tipoloxía de odio diferente (LGTBIfobia, racismo, antixitanismo, aporofobia,etc). Esta campaña ten como canle principal Tiktok pero tamén conta con accións de incidencia directa nas facultades e con traballo cos medios de comunicación.

Como #mudamosoconto…?

…no 2025?

A quinta edición do proxecto fixo fronte ao odio dirixido ás persoas en situación de exclusión social e/ou pobreza.

…no 2024?

A cuarta edición do proxecto enfocouse no antixitanismo de xénero, é dicir, no discurso do odio que sofren as mulleres xitanas.

…no 2023?

Na súa terceira edición, o proxecto traballou o discurso do odio por razón de xénero da man de numerosas mulleres.

…no 2022?

O foco do proxecto púxose en sensibilizar ás novas xeracións de comunicadorxs sobre como combater a LGTBIfobia dende a comunicación. 

…no 2021?

O voluntariado da entidade puxo en marcha unha campaña de sensibilización para combater o discurso do odio racista, dirixida a alumnado de estudos superiores de comunicación galegos.

Share This