Muda o conto 3

Muda o conto 4

Como #mudamosoconto… no 2024?

A cuarta edición do proxecto puxo o foco no antixitanismo de xénero:

FORMACIÓNS NAS AULAS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Alumnado de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo

Alumnado de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela

Alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DIRIXIDA AO ALUMNADO DE COMUNICACIÓN EN GALICIA

Eventos culturais:

O 28 de xuño organizamos na Librería Lila de Lilith (en Santiago de Compostela) un podcast-coloquio moderado por Castañas no verán no que participaron as activistas e escritoras Lola Cabrillana e Pastora Filigrana. Falamos de antixitanismo, da construción da identidade española a partir da ‘otredad’, do sistema capitalista como base das discriminacións, de feminismo e da importancia da educación nos procesos de tranformación social.

O 29 de xuño organizamos, da man do Concello de Santiago e a Consellería de Política Social, a obra “No soy tu gitana” no Teatro Principal de Compostela. A peza está protagonizada por Silvia Agüero quen a través de numerosos feitos e personaxes históricas, déixanos a mensaxe de que as mulleres xitanas non son esas persoas construídas nas mentes dos poderosos.

En redes sociais:

@agareso_ong 🔊Ahinoa e Melany, estudantes de 4º da ESO, cóntannos algunhas das súas experiencias co antixitanismo dentro e fóra das aulas. #mudaoconto ♬ Piano sleep LoFi slow midnight(808930) - Gloveity
@agareso_ong 🗣Falamos con Sofía Vázquez, encargada da cooperativa @mullerescolleiteiras #mudaoconto ♬ Piano sleep LoFi slow midnight(808930) - Gloveity
@agareso_ong 🔥Silvia Agüero (actriz, presentadora de TV, escritora e activista): "cualquier persona puede meterse con la maternidad de una mujer gitana" #mudaoconto @kamipnasqomestipen ♬ Piano sleep LoFi slow midnight(808930) - Gloveity

…no 2021?

O voluntariado da entidade puxo en marcha unha campaña de sensibilización para combater o discurso do odio racista, dirixida a alumnado de estudos superiores de comunicación galegos.

…no 2022?

Púxose o foco en sensibilizar ás novas xeracións de comunicadorxs sobre como combater a LGTBIfobia dende a comunicación.

Share This