Laura Herrera chega tras una longa viaxe a Galicia cunha misión: explicar a problemática da auga no seu país, El Salvador, e en Suchitoto, a súa cidade. Tamén algo básico: como as mulleres son as que o están solucionando.
Unha crónica de Helena Ruiz Moya

Segundo explica en Tomiño, a primeira parada do seu “tour”, as mulleres aprenden a xestionar a auga, algo tradicionalmente masculino, aínda que “a súa labor está bastante invisibilizada”. O Programa Feminismo e Xustiza Ambiental, da Colectiva Feminista para o desenvolvemento local á que Laura pertence, pretende dar visibilidade a esa fenda e atopar onde va a demanda de auga. A intención? Que as empresas privadas non sexan as que exploten ese recurso natural.
Dende o programa pretenden “empoderar as mulleres para que sexan parte de esas estruturas”, o que tamén leva a formalas para que saiban orientar esas necesidades. Así, o programa adáptase á comunidade, con 115 mulleres participando en distintos niveis, sendo a “fase tres”, o último punto, a comunicación. Fan un esforzo moi grande para chegar aos medios de comunicación, dando a coñecer a problemática e, ademais, para que as mulleres perdan o medo a falar e que coñezan o seu dereito a ser escoitadas.
A conclusión de cada escola de incidencia é “unha acción creada polas mulleres participantes”. Algo que levan a cabo con “cinefórums”, conversatorios, festivais… “o que se traballe nos procesos devólvese as comunidades”, explica Laura, orgullosa, pero tímida. Outra das actividades é a reforestación das zonas de recarga para manter os espazos protexidos, moi presentes en Suchitoto e cada vez máis ameazados.
Unha das maiores problemáticas, dos maiores medos, coa auga é que as empresas se apoderen dela, algo que xa pasa en moitos outros sitios -e nalgunhas zonas do noso país, por exemplo-, pois non hai un bo tratamento das augas residuais. A instalación de empresas pon en risco o futuro da auga nas comunidades.
Pero, como entran as grandes empresas nesta ecuación? Laura explícao dunha forma moi sinxela: “elas instálanse nas comunidades de forma silenciosa, sen cumprir coa normativa. Por exemplo, hai unha granxa de polos que se formou mercando, pouco a pouco, distintos terreos. Foi medrando ata o punto de que no territorio existía un pozo artesanal e industrializárono”.
“O sistema está vixiante, pero parece non darse conta do que pasa”.
Suchitoto é un dos municipios máis grandes do país, pero a maioría é rural e só se garante a auga no casco urbano. Neste sentido, construíron sistemas de auga comunitarias, que ascenden aproximadamente a 2200 en todo o país.
A partir dunha consulta popular na que participaron case 5000 persoas conseguiron unha ordenanza para o dereito humano ao auga, algo non representando en ningunha lei anterior. O goberno ten que ter unha postura firme para garantilo. “O contrapeso do poder municipal contra o Estado nesta cuestión é importante, pois o segundo miraba sempre polos intereses das empresas”, aclara a nosa invitada. “O enfoque de xénero é crave”, sinala a continuación.
As nenas adoitan ser as que acompañan as súas nais a por auga, cando volven están moi cansas e non poden ir á escola, polo que non acceden a unha educación, creando un círculo vicioso no que as nenas son, como na maioría das ocasións, as máis prexudicadas. A partir desta problemática, Laura e as súas compañeiras comezaron a analizar cales son as limitacións, descubrindo que unha delas era a falta de información e coñecemento sobre o funcionamento dos sistemas de augas e as diferentes estruturas.
Así, como di Laura “dende o eixe do feminismo e a xustiza ambiental vimos desenvolvendo distintos procesos para achegar a que as mulleres sexan partes das estruturas de toma de decisións: por un lado, desenvolvemos un seminario sobre o funcionamento dos SAPS, que implica administración, funcionamento, infraestrutura, xestión ambiental e legal… entre outros ámbitos”. Os seminarios son con grupos mixtos, pois a misión parte dunha idea aparentemente simple, pero ao mesmo tempo complexa: que se comprenda a necesidade de permitir o desenvolvemento das mulleres. Con elas empezan con xornadas de formación do que naceu a Escola de lideresas da auga. Na escola xenáranse procesos de análise e reflexión das desigualdades de xénero na xestión da auga.
A misión, como pode observarse, é fundamental: a auga é necesaria para a vida e unha sociedade feminista é necesaria para o seu funcionamento. Por iso, a tarefa de Laura, aínda que invisible, é tan bonita e importante, algo que hai que aprender en España, aínda que quede máis camiño do que pode parecer. “Temos auga todos os días”, pero, ¿por que? ¿A que coste? ¿Durante canto tempo?