Esta mañá, Marhyeth e Fon trasladáronlle ao director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e á subdirectora xeral de Inclusión e Integración, Ana María Aboy, as reivindicacións de #SomosAcubillo. Estiveron acompañados por Ana Pardo de Provivienda e saíron satisfeitos, porque o director xeral anuncioulles que a Xunta prevé asumir a xestión do Ingreso Mínimo Vital e pensa mellorar a compatibilidade coa RISGA.

Pola súa banda, Yasseyda e Rosa Esther reuníronse con David Gontán, coordinador do Colexio Profesional de Traballo Social de Galicia, que reivindicou a necesidade de mellorar as condicións laborais das e dos traballadores sociais, para que teñan o tempo e os recursos necesarios para atender a cidadanía e evitar que as persoas máis vulnerables queden fóra do sistema.

Estas xuntanzas forman parte de Somos Acubillo, un proxecto de comunicación participativa desenvolvido por Agareso e Provivienda coa colaboración de Fundación la Caixa #ConvocatoriasProyectosSociales #FundaciónlaCaixa⁣