Somos Diferentes, Somos Referentes vén de ser seleccionado nas #ConvocatoriasSociales2025 de Fundación “la Caixa” para Galicia e xa comezamos a traballar, man a man co alumnado do IES do Milladoiro, por unha sociedade máis xusta e solidaria. Trátase dun proxecto piloto de comunicación comunicativa que busca mellorar a convivencia cidadá intercultural e a cohesión social en O Milladoiro, convertendo á mocidade en mediadora da súa contorna comunitaria e contribuíndo así á construción dunha sociedade máis diversa e inclusiva. Axiña vos contaremos máis detalles!