Hoxe rematamos a gravación en Guatemala dun documental sobre o dereito á educación que realizamos xunto con Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Ao longo das próximas semanas poderedes ver o resultado, que agardamos estea á altura da loita polos seus dereitos destas comunidades, mulleres, homes, nenos e nenas. O equipo formado por Rocío Cadahía, Antonio Grunfeld e Pablo Santiago volve xa para a casa, coas maletas cheas de material audiovisual e de grandes historias. Queremos dar as grazas a Asiaprodi, Proyde e PRODESSA polo gran traballo que realizan xunto ás comunidades indíxenas e, por suposto, ao Concello de Santiago de Compostela polo financiamento do proxecto e pola súa aposta pola Cooperación Internacional.
Máis Actualidade
- Destino Casamance: Primeiros pasos en Ziguinchor
- Destino Casamance: O Centro de Protección de menores de Kandé
- Destino Casamance: Futur au Présent
- A loita contra o ébola en Guinea-Bissau
- Mozas xornalistas galegas achéganse á cooperación en Marrocos da man de Agareso e ACPP
- Xornalistas galegos apostan pola capacitación e o desenvolvemento das radios comunitarias en El Salvador
- Obradoiros de radio e fotografía para acadar o mundo que queremos
- O Concello de Pontevedra convértese durante unha semana en capital galega da cooperación e a loita contra a desigualdade global
- Ábrese a inscrición no VII Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ de ACPP e Agareso
- Cinco institutos de Galicia participan un ano máis no Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento impartido por Agareso