O programa Muda o conto 3 : Mocidade contra o discurso do odio nas redes sociais visitou, despois do seu paso pola UVIGO e a UDC, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC en dúas citas co alumnado de cuarto de Xornalismo. As futuras xeracións de xornalistas asistiron a dúas sesións sobre discurso de odio por razón de xénero nas que coñeceron como combater estas narrativas e como xerar novos enfoques que muden os marcos. A continuación, compartimos algúns dos traballos resultado das formacións:
Golpe de efecto
Ana Loureiro e Brais González deron vida a “Golpe de efecto” un programa de podcast onde falan sobre deporte feminino.
Mulleres e física
Alba Cobián e Silvia Casal fálannos da historia das mulleres na física.
Endoeduca
Paula Hernández e Aroa Gutiérrez crearon “Endoeduca”, un espazo que busca divulgar sobre a endometriose.
Invisibles
Lucía Álvarez e Raquel Andrés falan da dobre discriminación que sofren as mulleres de idade avanzada na súa web: Invisibles.
Mujeres en la investigación científica
Daniela Yanes e Sonia Rodríguez fálannos de mulleres científicas con grandes proxectos.
Chula. Mujer y moda
Sara Otero e Marta Romero falan de romper os moldes no mundo da moda na súa reportaxe “Chula. Mujer y moda”
Mareando o xogo
Ainara Rodríguez e Laura Rodríguez séntanse a falar de fútbol feminino ofrenco novas perspectivas.
Desnudando la verdad
Luis Quintela e Marina Pajuelo escriben sobre sexualidade na súa páxina web “Desnudando la verdad”
Mulleres e mecánica
Valentina Araoz e Clara Arias achegan unha nova perspectiva da incoporación das mulleres aos talleres de mecánica.
El talento científico tiene nombre de mujer
Lucía Nieto e Xulia Oliveira achégannos unha nova iniciativa liderada por mulleres.
Contando o conto
Marta Tiago e Valeria Salazar cóntannos un “conto”.
Me Concierne
Mía Menéndez y Carlos Martínez nos hablan de la nueva ola del machismo “new age”.