FemWeave. Bridging the divide

FemWeave. Bridging the divide

Ámbito territorial: Unión Europea.

Data: 2025-2027

Persoas beneficiarias: 56 docentes, investigadoras ou xornalistas, 300 alumnos e alumnas de Secundaria e 245 persoas da sociedade civil de Galicia e Italia.

Parcería: Associazione Nazionale Perseguitati Politici Italiani Antifascisti (Anppia) e Histagra (Historia Agraria e Política do Mundo Rural) da USC

Principal Financiador: Programa Citizens, Equality, Rights and Values da Comisión Europea

Orzamento: 129.505 €

FEMWEAVE: Bridging the dividepretende fortalecer as políticas educativas sobre a Historia europea dos reximes fascistas durante o século XX, a través do estudo das experiencias das mulleres nos períodos de guerra e posguerra en Italia e España, proporcionando a docentes, profesionais da educación e outros axentes clave novas fontes para estudar, conmemorar e capacitar a mocidade na Historia, educando para a cidadanía activa e o compromiso cívico. 

O proxecto parte dun enfoque europeo para abordar o pasado coas preguntas que temos hoxendía, como leccións universais e particulares para contrarrestar o racismo, o negacionismo e todas as ameazas aos Dereitos Humanos dentro do ámbito da Educación para a Cidadanía Global.

Contámosche aquí, brevemente, en que consiste o proxecto. Se tes interese en saber máis, contacta con nós.

1. Investigación

Agareso, Anppia e a USC arrincan o proceso mapeando as necesidades e expectativas coa comunidade educativa. Celebraron sesións de recollida de información cualitativa con docentes dos dous países e abriron unha enquisa para que aquelas docentes que o desexen compartan as súas opinións sobre esta cuestión. En 2026 publicarán un Informe cos resultados deste proceso.

2. Guía pedagóxica

Agareso está elaborando, co apoio da USC, unha metodoloxía pedagóxica  que permita traballar o pasado recente empregando a educación mediática e a investigación para a participación social. Esta metodoloxía testarase no segundo trimestre do curso 2025-26 en IES de Galicia e Italia e publicarase posteriormente, para o seu libre uso por parte do profesorado.

3. Producións multimedia

A partir do testeo metodolóxico, elaboraranse materiais multimedia profesionais que se incorporarán como recursos pedagóxicos da guía metodolóxica e se difundirán, tamén, entre o público xeral.

Estas producións incorporaranse, despois do verán de 2026, ao arquivo dixital do proxecto.

4. Campaña participativa

A segunda parte do proxecto pretende defender e por en valor a memoria democrática europea, con perspectiva de xénero, subliñando o rol das mulleres en España e Italia. Farase a través dunha campaña de sensibilización na que participará o propio alumnado de Secundaria, a finais de 2026.

5. Plataforma web

Todas as aprendizaxes do proxecto estarán a disposición do público especializado e xeral nunha plataforma dixital aberta que permitirá a docentes, organicacións da sociedade civil e xornalistas dispor de información e recursos sobre a memoria das mulleres nos períodos autoritarios da nosa memoria recente.

Share This