Galicia-Sáhara: Vacacións en paz
Galicia-Sáhara :Vacacións en paz
Autor: Pelu Vidal
Obxectivo: Sensibilización sobre o acollemento
Fotografías: 22 imaxes
País: España
Ano: 2008
Para coñecer máis sobre o tema podes ver o documental ou visitar o blog do proxecto
Un equipo de reporteiros de Agareso seguiu en 2008 a estancia dun neno e unha nena saharahuís en Sanxenxo, canda a súa familia galega, e acompañounos no seu regreso a casa dous meses despois. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, a exposición deixa ver que os dous mundos están máis preto do que poida parecer e que, un e outro, son lugares idóneos para vivir unha infancia feliz e plena.
A mostra do fotoxornalista Pelu Vidal foi financiada Concello de Sanxenxo coa intención de promover o programa Vacacións en Paz e sensibilizar is as familias de acollida.España é o destino preferente de miles de cativas e cativos que reciben así a aperta dun país onde as veciñas, os medicamentos, a tecnoloxía, o lecer, os alimentos e a auga forman parte da vida cotiá, pero que na súa realidade ao outro lado de fronteira escasean.