As outras voces de Israel

As outras voces de Israel

Autor: ACPP e AGARESO

Obxectivo: Sensibilizar sobre os dereitos humanos

Fotografías: 6 macropaneis sobre pés de aluminio

País: Palestina, Israel e España

Ano: 2010

Sobre o mesmo tema Agareso realizou dous documentais: “Palestina sen barreiras” e “Camiños de Paz, as outras voces de Israel e Palestina”. Tamén podes visitar o blog do proxecto.

A exposición encadrada no proxecto “Camiños de paz. As outras voces de Israel e Palestina”, impulsado por AGARESO e Asamble de Cooperación pola Paz co apoio de Cooperación Galega, amosa o labor de sectores da sociedade israelí e palestina que, en contra da corrente maioritaria, denuncia as inxustizas e as violacións dos dereitos humanos, ao tempo que traballan polo diálogo, o reencontro e a cooperación entre ambas as dúas partes. Son voces portadoras dunha esperanza para producir un cambio na opinión pública que permita construír un camiño sostible cara a paz.
Dereitos humanos e liberdades individuais e colectivas, desmilitarización, convivencia e diálogo, educación pola paz, incidencia política e contrainformación son as temáticas abordadas. A mostra recolle así o traballo realizado por diferentes equipos de ACPP de todo o Estado e inclúe imaxes tomadas polo fotoxornalista Pelu Vidal durante unha expedición de Agareso a Israel e Palestina en 2010
Share This