A comunicación para o desenvolvemento en imaxes
A comunicación para o desenvolvemento en imaxes

Autor: Pelu Vidal
Obxectivo: Sensibilización sobre realidades do Sur
Fotografías: 35 lonas listas para ser colgadas
Todas as fotografías responden aos principios da cooperación e o xornalismo internacional, tendo en conta que a comunicación social é o principal obxectivo de Agareso, sendo respectuosos coa difusión deste tipo de imaxes.
A exposición “A Comunicación para o desenvolvemento” consiste nun percorrido fotográfico polos proxectos e experiencias da ONGD Agareso, dando a coñecer as accións que se levan a cabo dende a nosa organización, pero tamén a profesionalidade dos nosos colaboradores e voluntarios como comunicadores visuais, dada a calidade fotográfica dos contidos.