Na derradeira xornada do Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional alzouse a voz do feminismo da man de Llerena Perozo. A poñente foi quen de dar a coñecer os conceptos que se empregan agora no tocante ao feminismo. O obxectivo desta palestra era dar o enfoque social das noticias contando tamén co 52% da sociedade: as mulleres.

En todo o globo terráqueo, as mulleres están sometidas con respecto aos homes, xa sexa de maneira legal ou de maneira social. Llerena falou sobre a igualdade formal, o tipo de igualdade que está amparada ante a lei; e a igualdade real, que é aquela á que nas mulleres están sometidas a través, no noso Estado, dunha quíntuple xornada (vida laboral, social, familiar, de actuación social e a vida virtual).

Asemade, Llerena explicou a realidade existente nos medios de comunicación do Estado Español con referencia ao tratamento das mulleres nas noticias. Tamén destacou a existencia dun 80% de estudantes xornalistas mulleres mais, sen embargo, os postos de dirección e presidencia dos medios están ocupados por homes. Inclusive, na porcentaxe de traballadoras e traballadores da redacción dos medios, as mulleres volven a ser as menos contratadas.

Na segunda parte da xornada, as alumnas do seminario recibiron os diplomas e intercambiaron as conclusións desta edición do laboratorio organizado por Agareso e ACPP. Antonio Grunfeld pechou esta xornada agradecendo a participación das alumnas nas diferentes sesións e ás poñentes das mesmas pola súa colaboración e implicación.