O proxecto Escolas Sen Racismo que levamos adiante en AGARESO xunto con ACPP, volve un ano máis ao IES Xulián Magariños de Negreira para formar ao seu alumnado e ao seu profesorado en técnicas audiovisuales.

O obxectivo das 6 sesións é dotar de ferramentas e de coñecementos técnicos ao grupo que conforma a Tv Escolar do centro: Xema TV. Un proxecto que naceu do propio centro e que o conforma un grupo mixto de profesores e alumn@s.

Nesta primeira sesión vimos algunhas referencias de formatos que poden chegar a utilizar e falamos da importancia de dotar a esta televisión con contido de comunicación para o cambio social. Para acabar, o alumnado saiu da aula para practicar coas cámaras, os trípodes, os micrófonos e o mellor de todo… A claqueta!

Deixámosvos un vídeo do ano pasado, podedes ver máis explorando o noso Youtube.