Fotógrafo freelance de orixe guatemalteca. Establécese en Galicia hai cinco anos e especialízase na fotografía cultural e musical, aportando unha mirada diferente e coidada ao panorama nacional. Despois dos seus estudos de xornalismo, traballou durante máis de 10 anos como fotoxornalista de prensa e un máis como fotógrafo da Presidencia de Guatemala. Durante dous anos tamén foi o responsable de gran parte das imaxes das campañas de sensibilización de Unicef-Guatemala.

As súas obras máis persoais están vencelladas a defensa dos dereitos humanos, o que o levou a gañar no 2010 o premio de fotoxornalismo iberoamericano Save The Children