O Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o Cambio” é unha proposta formativa cunha traxectoria de 15 anos de experiencia.  Conta con 12 sesións teórico-prácticas impartidas por xornalistas e comunicadoras especializadas nos seguintes temas: o discurso do odio racista, por xénero e/ou orientación sexual, o tratamento das migracións e a divulgación e activismo ambiental. O curso remata cun módulo práctico ao que poden acceder algunhas das persoas que realicen un traballo durante o curso.

Esta proposta formativa responde á necesidade de construír unha formación no eido da comunicación para a transformación social que procure a xeración de novas narrativas contra o odio, a desinformación e pola defensa dos DDHH. Incluír estes enfoques nos currículos formativos non supón dar resposta a necesidades concretas dun grupo de persoas interesadas, senón que o seu coñecemento debe ser imprescindible á hora de traballar calquera tipo de información. 

Aquí tes o programa da edición de 2026:

Preguntas frecuentes

Se non podo ir presencialmente, podo acceder ao curso?

Si, ten tamén versión online. Porén, as sesións prácticas (unha por módulo) non estarán dispoñibles para estas persoas. A maiores, o curso conta cunha aula virtual onde se compartirán os contidos das sesións e se aportán materiais complementarios.

Necesito coñecementos de comunicación?

Aínda que o fío condutor do curso é a comunicación, non é necesario ter formación específica no eido xa que se terán en conta os distintos perfís profesionais para conformar os grupos de traballo.

Que obteño ao rematar ademais da aprendizaxe?

Facilitaráseche un certificado e, no caso do alumnado da Universidade de Vigo, os créditos correspondentes (por confirmar cantos).

Que prezo ten o curso?

A matrícula ten un custe de 150€ no caso da modalidade presencial e 120€ a online. Preinscribíndote antes do 31/12 podes acceder a un desconto do 20%.

Edicións anteriores

Confiamos na metodoloxía aprender-facendo, polo que durante a formación o alumnado leva a cabo pezas de comunicación con enfoque de dereitos tanto de xeito individual como grupal co acompañamento do persoal técnico especializado de AGARESO.

 As súas persoas cos mellores traballos realizados durante a formación reciben unha beca para realizar un módulo práctico en terreo. Nesta viaxe o alumando desenvolve unha peza de comunicación con enfoque de dereitos humanos. Nos últimos anos viaxouse a : Gran Canaria, Lepe, Senegal e Marrocos.

A continuación, preséntanse as pezas resultado das viaxes de prácticas dos últimos anos:

2024

Curta documental que trata de debullar a realidade migratoria feminina a través de voces protagonistas e persoas que traballan directamente con elas na súa chegada á sociedade canaria. Por mor do xénero, as mulleres sofren un dobre drama migratorio. Están expostas a violacións, situacións de maltrato e incluso escravitude, e cando chegan á sociedade española enfróntanse tamén a prexuízos que agudizan a súa situación de vulnerabilidade.

2023

Reportaxe multimedia sobre o incesante avance do mar no norte de Senegal. Un percorrido de 20 anos a través das consecuencias da brecha artificial que se fixo na lingua de area que separa o río Senegal do océano Atlántico para evitar que a histórica cidade de Saint Louis se inundara. Intervención humana, subida do nivel do mar e cambio climático, todo se mestura agravando un fenómeno que condicionou toda a vida da rexión: a erosión costeira.

2022

En Oukout, catro mulleres reúnense cada domingo co seu grupo para autoxestionar un sistema de microcréditos xunto coa colleita de arroz, xa que o individualismo non ten cabida na súa sociedade. Xuntas procuran un equilibrio entre a vida tradicional e a independencia económica. Kalabukú —«as mulleres» en diola— sementan a semente dun cambio que se está xestando.

2021

Un documental que aborda a situación de miles de mulleres que chegan a España cada ano a traballar nos campos de cultivo de Huelva. Temporeiras de orixe marroquí contratadas baixo a Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais.

2020

Mina, Ibra e Cheikh chegaron a España coa esperanza de mellorar as súas vidas. En lugar diso, acabaron en Lepe vivindo en chabolas e sufrindo durísimas condicións laborais. Os seus testemuños achégannos á realidade da migración e do racismo.

2019

A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, “Tras la valla” pretende reflexar a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos en busca de unha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frenar a chegada de inmigrantes a Europa, sen ningún resultado. Son moi poucas as organizacións que traballan en terreo para garantir que estas persoas teñan garantidos os dereitos básicos.

2018

Unha historia de voces agochadas que teñen o poder de cambiar as cousas. Voces que buscan un lugar nun sistema que as infravalora, as agrede e as priva de dereitos. Voces que se empoderan para conquistar as rúas. Rúas que, sendo súas, están moi lonxe de escoitalas. As mulleres alzan as súas voces neste documental para darnos a coñecer unha realidade que semella afastada á nosa, mais que remata por ter cousas en común: unha sociedade non igualitaria.

2017

Os encarceramentos, a represión física e a censura mediática son só algunhas das consecuencias que sofren as activistas marroquís cando se enfrontan ao ‘majzen’, a estrutura de poder clásica do país. Non obstante, estas dificultades non supuxeron un impedimento para que, nos últimos tempos, os movementos activistas en Marrocos cobraran máis forza.

Novas

Un audiovisual sobre os efectos do turismo masivo nas Illas Canarias pecha o XV Curso Comunicar para o Cambio

As alumnas Micaela Pavone, Andrea Oyagüe, Sara Gestal e Alejandra Ceballos remataron a gravación dun documental social en Gran Canaria, que entra agora en fase de edición.Un equipo de voluntarias de Agareso e alumnas da formación Comunicar para o Cambio veñen de...

O alumnado do XV Curso Comunicar para o Cambio viaxa a Gran Canaria

No marco do XV Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social Comunicar para o Cambio, organizado por Agareso coa colaboración da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e o apoio de Cooperación Galega e a Consellería de Cultura, Lingua e...

O alumnado do XV Curso de Especialización Comunicar para o Cambio pon en práctica o aprendido durante a formación

O XV Curso de especialización en Comunicación para o Cambio Social Comunicar para o Cambio que organizamos na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo concluíu o pasado mes de abril coa presentación final de traballos individuais en grupais do alumnado. ...

Arranca o XV Curso Comunicar para o Cambio co discurso de odio racista como protagonista

Esta semana pechamos o primeiro módulo da XV edición do Curso Comunicar para o Cambio, o Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social que organizamos da man da Universidade de Vigo e co apoio de Cooperación Galega e da Consellería de Cultura, Lingua e...

Galicia achégase á realidade das mulleres na ruta canaria da man da curta documental Mar de fóra

Galicia acolle a próxima semana as estreas da peza documental elaborada por AGARESO Mar de fóra sobre a migración feminina a Canarias. O xoves 6 ás 20h o equipo de Mar de fóra presenta o seu traballo na Casa das Campás (Pontevedra) coa colaboración da Universidade de...

Máis de 15 expertas configuran a programación do XV Curso de Especialización “Comunicar para o Cambio”

O Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o Cambio” volve o próximo 11 de febreiro á Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo (Pontevedra) coa colaboración de máis de 15 persoas expertas nas diversas temáticas que se...

Volve o Curso Comunicar para o Cambio coa súa XV edición

O Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o Cambio” volve un ano máis o próximo 11 de febreiro de 2025 á Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. Dende hoxe e ata o 31 de decembro, as persoas interesadas...

Os traballos do XIV Curso de especialización COMUNICAR PARA O CAMBIO

O XIV Curso de especialización en Comunicación para o Cambio Social que organizamos dende a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dentro do proxecto Xeración Contrainfo concluiu o pasado mes de marzo, coa entrega dos traballos grupais e individuais do...

Afropoderossa, riscos e oportunidades das redes sociais en relación co racismo, o machismo e os discursos de odio

A creadora de contido  e escritora do libro “España no es solo blanca” participou este martes na segunda sesión do curso Comunicar para o Cambio, onde compartiu a súa experiencia como divulgadora en redes e como persoa migrante e racializada. “Eramos simples persoas...

Comeza o XIV Curso de Especialización na Comunicación para o Cambio Social co discurso de odio no foco do debate

“A xente que me molestaba facíao porque era unha maneira de desafogarse”, afirmou Mbaya Gueye, unha xoven senegalesa residente en Galicia dende hai xa nove anos, no medio dunha exposición acerca das causas do acoso e maltrato que sufriu pola súa condición de persoa...

Opinións alumnado

“Para mí fue un curso que me cambió la forma de entender el periodismo, la comunicación, e incluso la forma en que me relaciono con el mundo. Creo que este curso presenta un equilibrio perfecto entre la teoría y la práctica y la calidad de sus ponencias hace que sea una experiencia muy enriquecedora.

 

Gracias a ese curso, a nivel profesional y personal, mi vida cambió así que lo recomiendo al 200%”

 

Paula Barriga

“Me cambió por completo la forma de percibir la comunicación. Aprendí un montón sobre cómo transmitir la información y cómo comunicar no solo en medios técnicos, sino sobre todo a la hora de relatar una historia y a la hora de ser respetuoso con las historias que cuentas y no son tuyas no te pertenecen sino que tú eres un altavoz para ellas. Yo fui una de las escogidas para viajar a Senegal y grabar un documental y la verdad es que la experiencia junto con todos los conocimientos que adquirí durante el curso, mereció muchísimo la pena”

 

Antía Rodeiro

“Creo que es una oportunidad perfecta para meterte de lleno en la comunicación social, que es un pie del que muchas carreras de comunicación cojean, y hacerlo de una forma súper entretenida y además accedes desde muchos primas muy variados.

 

Yo tuve la oportunidad de ir al viaje de prácticas y lo resumiría como la mezcla perfecta entre un máster exprés y un campamento de verano. Aprendes muchísimo a nivel técnico y a nivel teórico desde la experiencia y, además, te lo pasas genial con tus compañerxs”

Clara González

“Aportoume unha visión social de toda a miña realidade. Como xornalista é moi importante ter esta visión para entender dende outro punto de vista máis de rúa, máis cidadá, as problemáticas que temos como sociedade.

 

A viaxe foi un golde de realidade moi importante e penso que me aportou moitísimo na miña formación. Tanto coñecendo novas historias, como tamén aprendendo a contalas”

 

Andrés Vázquez

“Eu fixen Periodismo e Cooperación ao Desenvolvemento e é a unión das dúas cousas. É o que estaba buscando e que existe, que pensei que non o podería encontrar. Conseguir a beca e poder ir á viaxe abriume moitísimo os ollos do que quero facer agora que, sen dúbida, é comunicación social que é ao que quero dedicarme”

 

Lucía Larios

“Me sirvió un montón, aprendí muchísimas cosas. Yo venía de tener el Grado en Periodismo pero en los 4 años de la carrera nunca estudié nada relacionado con comunicación social. Es una manera de poder acceder a unos proyectos, a unos testimonios de gente que está trabajando sobre el terreno en estos campos y que tiene una información súper valiosa. Y además también es una forma de poner en práctica todos estos conocimientos tanto a nivel técnico como también de ampliar horizonte de temáticas sociales”

 

Mar Navarro

Ámbito territorial: Galicia

Datas: anual dende 2010

En colaboración con: Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo

Financiado por: Cooperación Galega e Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Xunta de Galicia)

Orzamento: (por acabar de concretar)

Share This