Redeiras: Creación de contidos de carácter social
Redeiras: Creación de contidos de carácter social
A xeración de contidos é algo que non pode faltar nunha ONG de comunicación. Asumimos e utilizamos esta como ferramenta de cambio e, polo tanto, vimos necesario xerar un espazo máis onde valernos dela. O voluntariado de Agareso impulsou no 2021 a iniciativa de xerar contidos escritos e audiovisuais en contraposición ás pezas informativas predominantes nos medios de comunicación convencionais. Tratamos temáticas de interese común e carácter social, afastadas do discurso do odio imperante e preto das persoas protagonistas.
O equipo que traballa para conseguir estes obxectivos está formado, na actualidade, por Marta González, Nicole Rojas, Óscar Vázquez, Paula Barriga, Susana Maceiras e Uxía Pérez.
Este é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF.
Que fixemos…
no 2021?
No 2021, afondamos en diversas temáticas, xerando contidos específicos para comunicar sobre elas a través de diversos formatos.
no 2022?
No 2022, o equipo somerxeuse nas experiencias de mulleres que sufriron a violencia obstétrica e xeraron unha reportaxe multimedia que puxo o foco no camiño cara o parto respectado.
Que estamos facendo agora?
O equipo está traballando, neste 2023, nunha nova peza sobre discurso de odio dirixido ao colectivo migrante.
Queres máis información ou tes interese en sumarte?