Este curso comezamos un novo proxecto de Educación para o Cambio Social, Xeración Contrainfo, para o que contamos co financiamento da Xunta de Galicia. O obxectivo é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, partindo da mellora da alfabetización mediática do alumnado de Secundaria, para evitar que callen os discursos emitidos polos grupos extremistas nas redes sociais.

Nesta primeira edición, Xeración Contrainfo quere analizar a situación de partida desta problemática no alumnado, polo que se lle dará unha grande importancia ao proceso de recollida de información e á súa posterior sistematización. Unha vez analizada a problemática, xeraremos man a man cos os colectivos que sofren os discursos de odio materiais que promovan a empatía e achegarémosllos ao alumnado, xunto con novas capacidades e ferramentas de comunicación, para que se convirtan en protagonistas na loita contra os prexuízos e constrúan o seu propio contradiscurso.

Tras o traballo prioritario co alumnado, o segundo obxectivo deste proxecto é dotar o profesorado presente e futuro dunha metodoloxía testada que lles permita, de forma autónoma, traballar o contradiscurso co alumnado. Tamén se presentarán os resultados e ferramentas do proxecto a xornalistas e a educadoras/es sociais, unha vez concluído todo o proceso.