Castañas no verán
Castañas no verán
Castañas no verán é un podcast radiofónico creado por voluntarias de Agareso. Foi ideado antes da pandemia pero xestado e posto a andar en plena crise do coronavirus. Estreouse o 15 de abril do 2020 e ten carácter mensual.
A finalidade do podcast é a de entreter, acompañar, e sobre todo tratar temas que normalmente quedan máis escondidos nos medios de comunicación de masas. Cremos que a comunicación social é necesaria para facer da sociedade na que vivimos un lugar máis xusto e igualitario.
Ademais, temos como premisa básica que, sempre que sexa posible, sexan as protagonistas dos feitos as que os narren. Deste xeito esperamos contribuír, na medida das nosas posibilidades, a un pensamento crítico e con conciencia colectiva.
O título escollido para dar vida ao podcast é toda unha declaración de intencións. As castañas son algo moi da terra, pero non soen darse no verán, polo que tamén ten o seu compoñente utópico. Queremos que este sea un podcast diferente, que fale de todos os recunchos e realidades do mundo, pero tendo claro de onde partimos.
Este é un espazo feminista, apolítico e respetuoso co medio no que vivimos.
Na actualidade a equipa que traballa, de xeito voluntario e altruista, na elaboración do programa está formada por sete persoas. Elas son: Marta Tiago, Lucía Rodríguez, Claudia Torreira, Javi Ramos, Lara Dopazo, María Aneiros e Verónica Couto.
Este é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF.
Algúns dos nosos programas
A trata de persoas con fins de explotación sexual é unha realidade. Dende Castañas no verán quixemos abordar este tema tan complicado para dar visibilidade a unha situación moi silenciada. Neste programa intentamos coñecer un pouco cal é a situación das mulleres vítimas de trata. Ademais, falamos da trata de persoas menores de idade e, por outra banda, do Caso Carioca.
Ventres de alugueiro, doazón de óvulos, Only Fans ou Sugardaddys. Este programa quixemos falar da mercantilización, ou non, do corpo das mulleres. Puxemos especial foco nas novas formas de mercantilización a través de internet e das redes sociais. Novas formas para prácticas vellas.
Nesta ocasión falamos das mulleres que viven e traballan no mar. Redeiras, mariscadoras, empregadas de conserveiras, capitanas de barco…Son infinitas as profesións nas que teñen protagonismo e moitas as trabas que teñen que superar. Escoitamos e entendemos as súas loitas e escoitamos o son do mar.
Cando o tempo e a vida o permite, imos actualizando e mellorando as nosas canles, sempre mantendonos fieles á premisa de dar voz a quen non a ten.