Audiovisual para a prevención da discriminación por motivos de idade
Audiovisual
Audiovisual para a prevención da discrminación por motivos de idade é un proxecto de Agareso financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF. Está incluído na liña V: Accións destinadas á xuventude.
O principal obxectivo deste programa é previr a discriminación por motivos de idade. Isto, achegando os maiores aos mais novos, de xeito que eles e elas mesmas se den conta de que teñen moito que aportarse mutuamente.
O programa presentado por Agareso pretende crear unha peza audiovisual en formato documental que deixe claro que todas as persoas temos puntos de encontro pese as diferencias de idade. É importante que poña de manifesto que temos moito que aportarnos e que contribúa á inclusión social dos maiores, facéndolle ver aos novos que nos necesitamos mutuamente. Traballaremos en dous concellos do rural galego, con seis protagonistas, tres persoas maiores e os seus netos ou netas.
Este é un proxecto que se atopa en fase inicial.
(Pendente de inicio)
Audiovisual para a prevención da discrminación por motivos de idade
Ámbito territorial: Galicia
Data: 2023
Financiador: Consellería de Polítia Social, Xunta de Galicia
Orzamento: 11037,14
Descargas para prensa

FOTOGRAMAS

TRAILER E COLAS DE VÍDEO

CLIPS DE AUDIO

FICHA TÉCNICA

