• Colabora
  • Contacta
  • Descargas
  • Español
  • English
Agareso
  • Home
  • Quen somos
  • Que facemos
  • Transparencia
  • Traballo en rede
  • ENGLISH
Select Page

Arrinca a terceira fase de Xeración Contrainfo: axúdasnos a analizar as desigualdades entre homes e mulleres?

by organizacion | Nov 15, 2024 | Actualidade | 0 comments

O pasado mes de setembro comezamos a traballar na terceira fase do da Xeración Contrainfo, un proxecto de Educación para o Cambio Social impulsado por Agareso co financiamento da Xunta de Galicia para atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, traballando a partir da empatía e mellorando a alfabetización mediática do alumnado, co obxectivo de evitar que callen os discursos emitidos polos grupos extremistas nas redes sociais e que poden levar a nosa adolescencia cara a posicións intolerantes e radicalizadas.

Nesta terceira edición queremos traballar contra a desigualdade entre homes e mulleres existentes entre a rapazada adolescente, para o que contamos coa axuda de docentes, alumnado e Anpas dos tres IES que participan no proxecto (IES do Milladoiro, IES de Soutomaior e IES Politécnico de Vigo) e das profesionais asociadas a Xornalistas Galegas. Ao longo destas primeiras semanas estivemos recollendo información sobre as vivencias destes colectivos e agora gustaríanos contar, tamén, coas do resto da sociedade galega.

Para facelo, elaboramos enquisas para alumnado de Secundaria, profesorado de Primaria e Secundaria e Familias con menores a cargo. Se pertences a algún destes grupos, agradecémosche que nos botes unha man, contestando sinceramente ás preguntas que vos facemos. Se es docente, agradecémosche especialmente que a fagas -nunha titoría, por exemplo- co teu grupo aula completo, porque ese microcosmos é o que mellor nos pode axudar a comprender as complexidades da nosa sociedade. Se formas parte do equipo directivo dun centro e consigues que o fagan varios grupos, quedaremos enormemente agradecidas. Se tedes dúbidas ou precisades axuda para facelo, escribídenos a organizacion@agareso.org.

PARA FAMILIAS

https://bit.ly/xc24familias

PARA ALUMNADO

https://bit.ly/xc24alumnado

PARA PROFESORADO

https://bit.ly/xc24profesorado

Máis Actualidade

  • Destino Casamance: Primeiros pasos en Ziguinchor
  • Destino Casamance: O Centro de Protección de menores de Kandé
  • Destino Casamance: Futur au Présent
  • A loita contra o ébola en Guinea­-Bissau
  • Mozas xornalistas galegas achéganse á cooperación en Marrocos da man de Agareso e ACPP
  • Xornalistas galegos apostan pola capacitación e o desenvolvemento das radios comunitarias en El Salvador
  • Obradoiros de radio e fotografía para acadar o mundo que queremos
  • O Concello de Pontevedra convértese durante unha semana en capital galega da cooperación e a loita contra a desigualdade global
  • Ábrese a inscrición no VII Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ de ACPP e Agareso
  • Cinco institutos de Galicia participan un ano máis no Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento impartido por Agareso
Aviso legal | Política de cookies
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • LinkedIn
Agareso 2018
Empregamos cookies para mellorar a experiencia de usuario.