Esta semana pechamos o primeiro módulo da XV edición do Curso Comunicar para o Cambio, o Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social que organizamos da man da Universidade de Vigo e co apoio de Cooperación Galega e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

O martes 11 de febreiro as dúas entidades organizadoras demos a benvida á formación da man de Xosé Baamonde, docente na Facultade de Comunicación e coordinador académico do curso por parte da Universidade de Vigo e Lorena Seijo, coordinadora de AGARESO. Trala apertura, Lorena presentou ao alumnado o concepto de “comunicación para o cambio social” a través de diversos exemplos do traballo que realiza a organización.

Despois deste primeiro contacto co sector, o alumnado tivo a oportunidade de coñecerse un pouco mellor e de entender os aspectos técnicos do curso. As participantes puideron achegarse a un deles, as becas para a realización dunha viaxe de prácticas en terreo, da man da experiencia do alumnado becado o ano anterior. Ángel, Érika e Miriam presentaron na aula Mar de fóra, a curta documental resultado da súa viaxe a Gran Canaria en xullo do ano pasado.

Mar de fóra trata de debullar a realidade migratoria das mulleres na ruta canaria. Conta como as mulleres migrantes están expostas a violacións, situacións de maltrato e incluso escravitude, e cando chegan á sociedade española enfrontan tamén prexuízos que agudizan a súa situación de vulnerabilidade. As reflexións sobre a discriminación que sofren as mulleres migrantes ao chegar a terras españolas deu paso á temática das seguintes sesións.

O primeiro dos catro bloques nos que se estrutura esta formación puxo o foco no discurso do odio racista. Preguntámonos como e por que nace e se expande, como podemos identificalo e a pregunta máis complexa de todas: como podemos facerlle fronte. Para isto estivemos acompañadas de catro mulleres que participan nesta loita dende diversos frontes: Perla, activista antirracista que loita contra a discriminación a través do perfil @afropoderossa; Mbaya, estudante de dietética; Rahma, auxiliar de limpeza; e Pastora, avogada laboralista e defensora dos dereitos do pobo xitano e outros colectivos.

Os versos de Me gritaron negra, poema de Victoria Santa Cruz, guiaron a conversa da nosa primeira convidada ao curso: Perla. Coñecida en redes como Afropoderossa, Perla é activista antirracista en redes sociais e autora do libro España no es solo blanca. A súa intervención percorreu unha ampla variedade de temas. Algúns vinculados ao pasado colonial español sobre todo en Guinea Ecuatorial, país natal de Perla, e ás apropiacións culturais que aínda hoxe seguen reforzando opresións. Outros, máis vinculados á súa experiencia persoal como persoa migrante e racializada en España, como os cánones de beleza impostos polo norte global ou os episodios racistas que vive.

 

Para afondar nisto, Perla estivo acompañada na segunda metade da sesión por Mbaya, estudante de dietética de orixe senegalés e Rahma, auxilizar de limpeza de orixe marroquí. As tres compartiron experiencias co odio no seu día a día na mesa redonda “Facendo fronte ao racismo”. Dende a escola, pasando pola vivenda e o emprego ata falar tamén da súa chegada a España.

Sobre o odio continuou falando Pastora Filigrana este martes na terceira sesión do curso. Comezou cun repaso pola construción histórica da discriminación cara o pobo xitano, deixando claro que o primeiro paso na loita contra o odio é entender que as desigualdades non nacen porque si, senón que hai unha vontade de que existan e que o sistema mesmo as xera para seguir sobrevivindo.

El monstruo es grande, nadie lo puede abarcar, pero sumando podemos ser más fuertes. Aquí no sobra nadie. La lucha contra los discursos de odio se tiene que hacer desde muchos frentes

Pastora Filigrana

O papel das redes sociais foi tamén un fío de conversa entre ambas sesións. Por unha banda, Perla trasladou a súa experiencia con @afropoderossa e defendeu que estas plataformas son ferramentas moi boas se se fai un bo uso delas. Incidiu en que a mocidade está especialmente presente nestes espazos e en que é fundamental comunicar neles para que as mensaxes cheguen a públicos amplos. Pastora reforzou esta idea e engadiu que as redes hai que usalas pero que hai que facelo estratexicamente. E que, para iso, debemos facelo de forma colectiva.

Esta idea de colectividade marcou a sesión de Pastora e o primeiro módulo de Comunicar para o Cambio: “Hay un negocio a través del odio. El enemigo que tenemos delante tiene las armas y el dinero. Se necesitan alianzas amplias con diferentes herramientas para frenar esto. El monstruo es grande, nadie lo puede abarcar, pero sumando podemos ser más fuertes. Aquí no sobra nadie. La lucha contra los discursos de odio se tiene que hacer desde muchos frentes”, reivindicou Pastora.

A próxima semana seguiremos procurando dende Comunicar para o Cambio sumar esas forzas. O módulo 2, “Discurso do odio LGBTIQ+”, comeza o martes 25 de febreiro da man das xornalistas e consultoras Marta G.Franco e Bárbara G.Vilariño.

Me gritaron negra

(Victoria Santa Cruz)

Tenía siete años apenas, apenas siete años,
¡Que siete años!
¡No llegaba a cinco siquiera!

De pronto unas voces en la calle
me gritaron ¡Negra!
¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¿Soy acaso negra?” – me dije ¡SÍ! “¿Qué cosa es ser negra?” ¡Negra!
Y yo no sabía la triste verdad que aquello escondía.¡ Negra!
Y me sentí negra, ¡Negra!
Como ellos decían ¡Negra!
Y retrocedí ¡Negra!
Como ellos querían ¡Negra!
Y odié mis cabellos y mis labios gruesos y miré apenada mi carne tostada
Y retrocedí ¡Negra!
Y retrocedí…
¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!
¡Negra! ¡Negra! ¡Neeegra!
¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!
¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

Y pasaba el tiempo,
y siempre amargada
Seguía llevando a mi espalda mi pesada carga

¡Y cómo pesaba! …
Me alacié el cabello,
me polveé la cara,
y entre mis cabellos siempre resonaba la misma palabra

¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Neeegra!
Hasta que un día que retrocedía, retrocedía y que iba a caer ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra! ¡Negra!

¿Y qué?

¿Y qué? ¡Negra! Sí ¡Negra!
Soy ¡Negra! Negra ¡Negra! Negra soy

¡Negra! Sí
¡Negra! Soy
¡Negra! Negra
¡Negra! Negra soy
De hoy en adelante no quiero laciar mi cabello

No quiero
Y voy a reírme de aquellos,
que por evitar – según ellos –
que por evitarnos algún sinsabor Llaman a los negros gente de color ¡Y de qué color! NEGRO
¡Y qué lindo suena! NEGRO
¡Y qué ritmo tiene!
NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO
Al fin
Al fin comprendí AL FIN
Ya no retrocedo AL FIN
Y avanzo segura AL FIN
Avanzo y espero AL FIN
Y bendigo al cielo porque quiso Dios que negro azabache fuese mi color Y ya comprendí AL FIN
Ya tengo la llave
NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO NEGRO
¡Negra soy!