Este xoves 18 de xuño ás 20:15 h de España e 12:15 h de Guatemala, as ONGDs Arquitectura sen Fronteiras e AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) presentarán de maneira online o documental que realizaron conxuntamente sobre o dereito á educación en Guatemala: La escuelita del Manchón.

O documental, que foi financiado polo Concello de Santiago de Compostela, retrata non só a situación da educación no país Centroamericano, que está á cola do investimento educativo en toda Latinoamérica, se non tamén o traballo que realiza Arquitectura sen Fronteiras, xunto coas súas organizacións socias, Proyde, Asiaprodi e Prodessa, para fomentar unha educación de calidade e inclusiva na zona sur de Guatemala, onde traballan desde hai máis de 22 anos.

Tras a proxección, terá lugar un coloquio no que participarán membros das organizacións implicadas tanto desde España como desde Guatemala para responder as cuestións dos participantes e expoñer cal é a realidade educativa de Guatemala nestes momentos,  e como se adaptou o sistema educativo do país ao confinamento.

As persoas que desexen participar no evento ( que se realizará a través de Zoom) poderán facelo inscribíndose na seguinte ligazón: https://forms.gle/31spkC4C4nkrfK3w8

SINOPSE La escuelita del Manchón ( 30min)

El Manchón, unha pequena comunidade de Guatemala, quedou sen escola. Pero Stefany,  con so dez anos,  xa ten claro un soño, quere construír para o seu  pobo una escola branca, con fiestras grandes por onde pase o vento.

Guatemala é un dos países de América Latina que menos invirte en educación polo que as oportunidades dos nenos, e sobre todo das nenas dos pobos mais afastados, son escasas. Arquitectura Sen Fronteiras traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI, PRODESSA Y PROYDE para promover unha educación de calidade nas comunidades.

Podedes ver o trailer aquí