Sete alumnas do IES do Milladoiro que forman parte da Tribo presentaron os resultados da terceira edición do proxecto no seu centro. Coa sala de usos múltiples ateigada de alumnado e profesorado do centro, Clara, Helena, Lorena, María Isabel, Michell, Viktoria e Xiana explicaron como foi o proceso de aprendizaxe e crecemento persoal que as levou ata as curtas e a campaña A nosa saúde mental (tamén) depende de ti.
As súas compañeiras e compañeiros amosáronse soprendidos polo “pouco tempo” que tardaron as rapazas en levar a cabo todo ese traballo. Tamén salientaron a repercusión que está tendo a súa mensaxe, a través da campaña.