Durante os próximos meses, invitamos ao profesorado galego a participar en EpDLab a través de dúas actividades:
1. FORMACIÓN
Narrativas dixitais e educación para o cambio social
- 8h homologables.
- Presencial: 23 de abril de 2022 en Santiago de Compostela.
- Custo da matrícula: gratuíto.
Se tes interese nesta formación, podes ler aquí o programa e máis información detallada, ou podes acceder directamente ao formulario de inscrición ⤵️ :
2. Realiza UN OBRADOIRO de EpDLab co teu grupo
Tes un par de horas dispoñibles e buscas unha actividade de aprendizaxe activa?
Con todos os materiais aloxados na aula virtual, buscamos profes de Educación Secundaria e Bacharelato para probar os nosos obradoiros de forma autónoma e contando co noso acompañamento en liña.
Que tes que facer para participar? ⤵️
- Contacta con nós.
- Elixe un dos nosos obradoiros.
- Decide grupo, data e horario.
- Desenvolve o obradoiro ao teu ritmo (conta co noso equipo para acompañarte en liña)
- Envíanos as túas achegas: como poderiamos mellorar? Como foi a túa experiencia?