Xa está aberta a inscrición para a formación práctica gratuíta, de 20h homologables pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, en Narrativas dixitais para traballar nas aulas a Educación en Valores que ofrecemos, como cada ano, dentro do proxecto EpDLab. Nesta ocasión será virtual, combinará o modelo expositivo coa realización de traballos prácticos e estenderase dende o 16 de abril ata o 31 de maio.

Exploraremos as narrativas contemporáneas e descubriremos o seu potencial comunicativo, así como para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos. Coñeceremos estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais no traballo con contidos ao redor da xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento.

Só hai 40 prazas e teñen prioridade as e os docentes de secundaria e bacharelato en activo, de todo os corpos e especialidades. Se che interesa, podes inscribirte aquí.