Corazóns que non ven (CAPÍTULO II)

por Uxía Pérez Fieiras

Saúde mental, dereito ou privilexio de clase?

En pleno 2021, un ano canto menos desafiante para a saúde mental, este problema que tan acomodado está dende sempre na nosa sociedade decidiu – ou máis ben decidiron por el- subir á palestra. A saúde mental ocupa hoxe titulares, discursos políticos e conversas nas que antes vivía silenciado. Que irónico levar un tabú á fama e facer da fama un tabú. Se algo se pode salientar de todas estas realidades que saíron a relucir nestes últimos meses – aínda con escasas pinceladas de verdade e máis de populismo-  é que a atención á saúde mental, unha das contas pendentes máis fortes do noso estado, é tamén un privilexio de clase. No seu paso pola “fama” a saúde mental pon en evidencia as profundas desigualdades que fican no noso sistema e sofre a nosa sociedade. 

En relación á atención sanitaria á saúde mental no senfogarismo existen discursos ben diferenciados. Resulta ilóxico, moitas veces cínico, que tantos corazóns doian e tantos outros decidan ignorar isto dende un metafórico “corazóns que non ven”. Mentres a Xunta de Galicia aproba a mediados de 2020, en plena pandemia, o Plan de Saúde Mental con moitas promesas e, polo de agora e por desgraza, poucos feitos; a oposición acusa á presidencia de “agochar a realidade”. Máis alá das decisións tomadas nese tan inalcanzable Parlamento, falan directamente os datos: catro profesionais da psicoloxía clínica na sanidade pública por cada 100.000 habitantes. Uns datos levan a preguntarnos se os 21 profesionais que se deberían ter sumado no 2020á cifra total son suficientes para abrazar unha solución. Cuestión e preocupación á que se engade o aumento das necesidades de atención durante e trala pandemia. Se as listas de espera eran longas antes de marzo de 2020, como serán agora?

Para achegarnos a esta realidade, afectada por decisións políticas, resulta preciso analizar primeiro cales son as patoloxías máis comúns cando falamos de saúde mental nas persoas sen fogar. Adrián Varela, técnico de saúde mental no programa de atención a persoas sen fogar con trastornos mentais graves da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES), sinala que as patoloxías máis frecuentes son as esquizofrenias, os tratornos de personalidade, os trastornos delirantes e os trastornos por consumo de sustancias. Varela extrae estas conclusións do informe elaborado pola Federación Europea de Organizacións Nacionais que traballa con persoas sen fogar (FEANSA). É dicir, “no es que  los trastornos más prevalentes sean los graves y crónicos, como por ejemplo la esquizofrenia, pero sí son mucho más habituales que en la población general”, engade Sonia Panadero, psicóloga e compoñente do grupo de investigación da Universidade Complutense de Madrid. A profesional afirma, así mesmo, que os trastornos que teñen que ver co consumo de sustancias son tamén moi frecuentes, na liña das palabras de Adrián Varela, e que estes, en contra de moitos prexuízos, se sufrían antes de chegar á situación de senfogarismo. A isto engádeselle a depresión maior, que segundo estudos de Médicos del Mundo, sofre entre un 2 e un 20% das persoas sen fogar.

Á vista desta análise previa, pódese afirmar que existen moitas barreiras de acceso á atención sanitaria e por diversos motivos. Por unha banda, están as propias barreiras patolóxicas: “normalmente no existe una conciencia de estas personas con su patología”, sinala Adrián Varela, o que dificulta en primeira instancia o recoñecemento da necesidade e a solicitude de axuda. Estas barreiras parecen cada vez máis robustas se do que se fala é da criminalización que sofren estas persoas e que deriva nunha falla de apoio social e nun incremento do autoestigma. Así o explica Rafael Fernández García-Andrade, coordinador xunto á doutora Elena Medina do Equipo de Calle de Salud Mental Madrid (ECAEM): “Muchas personas, por ese estigma social, no buscan ayuda. Normalizan ese estado depresivo, de angustia, y de alguna manera no buscan atención porque tampoco se creen merecedores de la misma”. Un estigma que non permite a integración social destas persoas e que,nas palabras de Sergio García, psicólogo nun centro de emerxencia para persoas sen fogar en Cáritas Madrid, provén dunha “criminalización estructural que no podemos deconstruír así como así”. 

En pleno 2021, un ano canto menos desafiante para a saúde mental, este problema que tan acomodado está dende sempre na nosa sociedade decidiu – ou máis ben decidiron por el- subir á palestra. A saúde mental ocupa hoxe titulares, discursos políticos e conversas nas que antes vivía silenciado. Que irónico levar un tabú á fama e facer da fama un tabú. Se algo se pode salientar destacar de todas estas realidades que saíron a relucir nestes últimos meses – aínda con escasas pinceladas de verdade e máis de populismo-  é que a atención á saúde mental, unha das contas pendentes máis fortes do noso estado, é tamén un privilexio de clase. No seu paso pola “fama” a saúde mental pon en evidencia as profundas desigualdades que fican no noso sistema e sofre a nosa sociedade. 

En relación á atención sanitaria á saúde mental no senfogarismo existen discursos ben diferenciados. Resulta ilóxico, moitas veces cínico, que tantos corazóns doian e tantos outros decidan ignorar isto dende un metafórico “corazóns que non ven”. Mentres a Xunta de Galicia aproba a mediados de 2020, en plena pandemia, o Plan de Saúde Mental con moitas promesas e, polo de agora e por desgraza, poucos feitos; a oposición acusa á presidencia de “agochar a realidade”. Máis alá das decisións tomadas nese tan inalcanzable Parlamento, falan directamente os datos: catro profesionais da psicoloxía clínica na sanidade pública por cada 100.000 habitantes. Uns datos levan a preguntarnos se os 21 profesionais que se deberían ter sumado no 2020á cifra total son suficientes para abrazar unha solución. Cuestión e preocupación á que se engade o aumento das necesidades de atención durante e trala pandemia. Se as listas de espera eran longas antes de marzo de 2020, como serán agora?

Para achegarnos a esta realidade, afectada por decisións políticas, resulta preciso analizar primeiro cales son as patoloxías máis comúns cando falamos de saúde mental nas persoas sen fogar. Adrián Varela, técnico de saúde mental no programa de atención a persoas sen fogar con trastornos mentais graves da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES), sinala que as patoloxías máis frecuentes son as esquizofrenias, os tratornos de personalidade, os trastornos delirantes e os trastornos por consumo de sustancias. Varela extrae estas conclusións do informe elaborado pola Federación Europea de Organizacións Nacionais que traballa con persoas sen fogar (FEANSA). É dicir, “no es que  los trastornos más prevalentes sean los graves y crónicos, como por ejemplo la esquizofrenia, pero sí son mucho más habituales que en la población general”, engade Sonia Panadero, psicóloga e compoñente do grupo de investigación da Universidade Complutense de Madrid. A profesional afirma, así mesmo, que os trastornos que teñen que ver co consumo de sustancias son tamén moi frecuentes, na liña das palabras de Adrián Varela, e que estes, en contra de moitos prexuízos, se sufrían antes de chegar á situación de senfogarismo. A isto engádeselle a depresión maior, que segundo estudos de Médicos del Mundo, sofre entre un 2 e un 20% das persoas sen fogar.

Á vista desta análise previa, pódese afirmar que existen moitas barreiras de acceso á atención sanitaria e por diversos motivos. Por unha banda, están as propias barreiras patolóxicas: “normalmente no existe una conciencia de estas personas con su patología”, sinala Adrián Varela, o que dificulta en primeira instancia o recoñecemento da necesidade e a solicitude de axuda. Estas barreiras parecen cada vez máis robustas se do que se fala é da criminalización que sofren estas persoas e que deriva nunha falla de apoio social e nun incremento do autoestigma. Así o explica Rafael Fernández García-Andrade, coordinador xunto á doutora Elena Medina do Equipo de Calle de Salud Mental Madrid (ECAEM): “Muchas personas, por ese estigma social, no buscan ayuda. Normalizan ese estado depresivo, de angustia, y de alguna manera no buscan atención porque tampoco se creen merecedores de la misma”. Un estigma que non permite a integración social destas persoas e que,nas palabras de Sergio García, psicólogo nun centro de emerxencia para persoas sen fogar en Cáritas Madrid, provén dunha “criminalización estructural que no podemos deconstruír así como así”. 

“Muchas personas, por ese estigma social, no buscan ayuda. Normalizan ese estado depresivo, de angustia, y de alguna manera no buscan atención porque tampoco se creen merecedores de la misma”

Rafael Fernández García-Andrade, coordinador ECAEM

“Cuando trabajaba acudía a psicólogos privados, cuando dejé de trabajar a públicos y ahora a Médicos del Mundo. El privado es imposible, es inviable ir a un psicólogo o psiquiatra de pago y por la seguridad social es imposible, te dan cada tres meses y yo ahora mismo necesitaría ayuda semanal, pero no puedo permitírmelo”. María (nome ficticio) reivindica unha atención sanitaria digna e accesible. Ver dificultado o seu dereito á vivenda dificultoulle o acceso a unha consulta psicolóxica e psiquiátrica frecuente e adecuada, o que empeorou, segundo conta, a súa saúde. “Llevo desde los 13 años tomando medicación, pero a mí se me agravó muchísimo, muchísimo, mi problema con esta situación”, asegura referíndose a un trastorno depresivo e da conducta alimentaria. 

Lucila, xornalista en situación de desemprego e rúa, reforza a idea de que a situación de senfogarismo empeora os síntomas e aumenta o sentimento de desprotección: “Tengo mucho miedo. Al intentar alquilar una habitación o un piso, al estar sola, me encontré con gente que me quiso estafar, intentaron alquilarme pisos fantasma… se aprovechan de las personas que estamos solas y que estamos en una situación vulnerable. Me han querido meter a prostituta”. Así mesmo, sinala que non pode acceder a axudas psicolóxicas ou psiquiátricas e que tampouco pode atender como debería a unha patoloxía pancreática que sofre, pois non ten ao seu alcance os recursos para levar a dieta que esta precisa. “Es muy duro, siento que no soy de aquí ni de allá, que nadie se hace cargo”, reclama en referencia á súa dobre nacionalidade. 

“Normalmente se empieza a recibir ayuda muy tarde, por ejemplo, en el caso de los antidepresivos, para que empiecen a hacer efecto tienen que pasar al menos tres semanas, por lo que tienes que pasar este tiempo tomando el tratamiento hasta que comienzas a encontrarte mejor”, comenta Sergio García que ratifica esta falla de protección e de seguimento dende un sistema que promete coidar a todas as persoas. Segundo estudos de Médicos del Mundo, a maioría das persoas sen fogar non acceden aos servizos de atención primaria, senón que son atendidas a través de Urxencia en situacións graves ou extremas, pois, recollendo datos do INE, o 24,3% das persoas sen fogar de nacionalidade española e o 75,7% de outras nacionalidades non tiñan tarxeta sanitaria en 2019. “Tenemos dificultades a todos los niveles, por ejemplo para conseguir que las personas tengan una situación regular desde el punto de vista administrativo, es decir, que puedan tener la documentación que les facilite el acceso a los recursos que necesitan tanto a nivel sanitario como laboral y residencial, a todos los niveles. Todo son complicaciones, todo es demasiado lento, cuesta mucho”, lamenta Ernesto Notario, traballador social representante do equipo de Atención Psiquiátrica a persoas en situación de grave exclusión social do Concello de Bilbao. 

“Una persona con trastorno mental grave necesita un alojamiento estable donde pueda ser tutelada, educada, para entender su enfermedad, normalizarla y convivir de alguna forma con ella. En estos casos lo más habitual son las miniresidencias de salud mental, pero son muy escasas, existen muchas burocracias que dificultan mucho el proceso, hay muy pocas plazas”, reclama o psicólogo Sergio García. Ante a inmensidade burocrática que deriva nunha falla de accesibilidade, o técnico Adrián Varela fai un chamamento á administración, solicitando facilidades nestes trámites e profesionais específicos que poidan atender estas necesidades e apoiar a estas persoas nos dispositivos públicos que facilitan estas axudas. 

Asaúde mental convértese nun privilexio de clase cando este acceso a axudas, medicación e atención sanitaria está pensado e contruído en base a unha capa moi fina da poboación que conte con máis tempo, recursos e espazos para asumir e xestionar o que lle pasa. O feito de que o noso sistema non atenda necesidades básicas como o dereito á vivenda neste caso, e o dereito á atención sanitaria, non supón outra cousa que a desprotección de toda unha clase social. Todos estes erros dunha administración chea de promesas e de tempo, desembocan nun baleiro que perpetúa exclusións, estigmas e falla de coidados. “En el momento en que te quedas en una situación de calle, el acceso a recursos sanitarios o a retirar fármacos en una farmacia se ve tremendamente afectado, lo que puede implicar un abandono del tratamiento, agravar todavía más la patología”, reforza Adrián Varela. 

“Es muy duro, siento que no soy ni de aquí ni de allá, que nadie se hace cargo”

Lucila, xornalista en situación de desemprego e rúa

“No tengo dinero para ir al psicólogo, no puedo ir al psicólogo” reclama Xoan, ao que engade Xulio (ambos nomes ficticios): “puedo acceder a atención psicológica por el hospital psiquiátrico de Conxo”. Ambos coinciden na súa relación con FEAFES, organización da que son usuarios, tamén nas súas experiencias coa esquizofrenia e co ‘senfogarismo’ e nas súas reivindicacións de axuda psicolóxica, á que non poden acceder por falla de recursos. Galicia sitúase entre as comunidades autónomas nas que sae máis caro acudir a unha consulta psicolóxica privada, cunha media de 55 euros a hora, segundo un estudo do Observatorio de Precios de ‘Mundopsicologos.com’. Mentres, as colas seguen a medrar nas listas dos poucos e poucas profesionais da psicoloxía clínica nos centros públicos. Miguan os minutos atención e aumentan os meses de espera. Un tempo, como se apuntaba antes, moi valioso no eido da saúde mental. 

Esta desprotección desemboca, ademais, na meirande parte dos casos, en máis barreiras: as da reinserción. “El futuro lo veo negro, encontrar un trabajo está muy complicado ahora. Es muy complicado acceder a nuevas oportunidades por culpa del propio sistema, nos educa en no integrar a las personas”, apunta María (nome ficticio). Sergio García apoia a identificación deste problema e asegura que se se acompaña a estas persoas a tempo será máis sinxelo que comecen ese proceso de independencia: “intentar apoyarle, darle alguna herramienta, alguna institución que se adecúe a sus circunstancias”. 

Barreiras, falla de coidados e protección, estigmas e criminalización, culpa, un sistema construído para e por uns poucos e privilexios de clase. Mais cando se fala de gretas que poñen en xaque as nosas necesidades e estrutura social, é preciso  facer referencia a aquelas persoas que loitan por manter eses piares erguidos. “Si la montaña no va a Mahoma, Mahoma irá a la Montaña”, así expoñía o traballador social Ernesto Notario a intervención que realiza o programa de atención a persoas en situación de grave exclusión social do Concello de Bilbao. Conclúe que conseguen cousas grazas á súa “cabezonería”. Así o confirman o ECAEM, Cáritas e os programas específicos de FEAFES co seu labor nas rúas de Madrid, Galicia, e outras cidades e comunidades de España,  así como outras moitas iniciativas que fan que hoxe se poida, alomenos, ver un raíño de luz e seguir construíndo dende abaixo. 

Descarga AQUÍ este segundo capítulo Corazóns que non ven