A rapazada da Tribo presentou esta tarde no CGAC o froito do traballo que viñeron desenvolvendo ao longo dos últimos meses arredor da saúde mental. Foron elas e eles as que defenderon diante das súas familias, docentes, profesionais da educación social, do traballo social e do ámbito sanitario e representantes da clase política as dúas pezas xornalísticas, as dúas curtas de ficción e a campaña de comunicación coas que queren chamar a atención da sociedade sobre a necesidade de prestar atención á saúde mental das mozas e mozos máis vulnerables.
Lorena Michell Helena Viktoria Ryuu Xiana Karma Clara Natxo Andrea Valentina
Lorena falou do grupo, que non se coñecía previamente. De como foron os primeiros momentos e de como aprenderon a negociar e a chegar a consensos. Helena profundizou no tema, relacionando o coñecemento grupal co propio autocoñecemento que foron acadando ao longo de todo o proceso de participación e debate. “En cada uno de los momentos que dejábamos para reflexionar o simplemente para hablar, conseguimos no sólo conocer a los demás, sino que también aprendimos cada día algo más de nosotras mismas”, explicou.
Viktoria (Ryuu) salientou a unanimidade á hora de elixir un tema sobre o que traballar conxuntamente. “Estábamos todos de acuerdo en que se habla poco y muy superficialmente de este tema”, explicou, “queríamos reflejar las distintas maneras en las que cada uno trata su salud mental y hacer ver que no se pasa bien”. Para facelo, decidiron comezar preguntando na rúa sobre o tema, a persoas descoñecidas, e facerlle unha entrevista en profundidade a unha psiquiatra, Iria Veiga. Ambas as dúas pezas están dispoñibles en Youtube.
Michell falou do proceso de aprendizaxe das ferramentas e das técnicas de comunicación. “Al principio, no salía bien lo que grabábamos: no se enfocaba, salían muy oscuro, no se escuchaba…” recoñeceu ante un público que escoitaba divertido. Pero, “con el tiempo, el esfuerzo y ayudándonos entre todas”, os problemas técnicos foron solucionándose. Agora, segundo explicou ela mesma, “esperamos poder usar los conocimientos adiquirdos también fuera de aquí”.
Finalmente, Karma, que participou nas tres edicións do proxecto, presentou as curtas de ficción, Diario de la lluvia e Drogolegas, que xa se poden ver en aberto en Youtube. A primeira, explicou, quere “reflejar la soledad y la tristeza que sufren las y los adolescentes que crecen rodeados por la violencia en su propio hogar”. Mientres que a segunda “puede parecer y es un corto sobre los problemas que tiene la juventud con las drogas”, pero tamén, “de alguna forma más sutil”, quere amosar “como tenemos normalizado el consumo de otros tipos de drogas en nuestra sociedad” e denunciar que “en una sociedad así es normal que los jóvenes acaben utilizando las drogas como un refugio y que, por lo tanto, el enfoque tiene que ser también social”.
