O documental “En deuda con todas” gañou o Premio ao Mellor Documental no festival Women’s Voices Now de Los Ángeles (EEUU) Este documental, estreado no 2019, foi proxectado en más de 40 festivais internacionais ao longo destes anos, e foi galardonado en cinco deles, incluíndo unha mención honorífica.

 

O pasado xoves 24 de marzo tivo lugar a entrega de premios do WVN, que nesta ocasión foi en liña por mor da crise da COVID-19, como xa vén sendo habitual en moitos eventos deste tipo. “En deuda con todas” recibiu o Premio Leslie J. Sacks ao Mellor Documental, nun festival que amosou un nivel de compromiso salientable coa creación audiovisual realizada por mulleres e co foco narrativo centrado na igualdade e nos dereitos humanos.

Este traballo foi estreado en novembro de 2019 e, dende aquela, está dispoñible en Youtube. A banda sonora deste traballo pertence ao colectivo Hip Hop en Femenino, e dúas das súas integrantes estarán de xira por Galicia a última semana de marzo e a primeira de abril de 2022, incluíndo un concerto a tarde do sábado 2 de abril en Catoira.

Esta visita, no marco do proxecto Activistas polo mundo que queremos, levará por toda Galicia a loita polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres no mundo; esta é unha das principais liñas de traballo de Agareso nos últimos anos, a través da comunicación como ferramenta de denuncia e de incidencia política. O noso último documental, “Garantía de vida”, aborda a vulnerabilidade da vida e a saúde das mulleres en República Dominicana e foi estreado a principios de 2022.