Dereitos sexuais e reprodutivos en Dominicana

 Ámbito territorial: República Dominicana

Datas: 2020-2021

Persoas beneficiarias: Mozas e mozas en risco de exclusión y mulleres

Parcerias: Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) e CIPAF

Socio: Asamblea de Cooperación pola Paz

Financiador principal: Xunta de Galicia

Orzamento: 267.326,03€. €.

 

Esta proposta tiña como obxectivo mellorar tanto os mecanismos locais como nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, centrouse na provincia de San Cristóbal e concretamente en 12 barrios dos municipios de San Cristóbal e Baixos de Haina.

Articulábase ao redor de 5 eixos relacionados que vai desde o nivel comunitario até o nivel nacional, pero debido á crise de saúde mundial que comezou en marzo de 2020 coa pandemia houbo certos resultados que non puideron realizarse durante este período. Os vinculados a Agareso e a comunicación para o cambio social levaron a cabo na súa totalidade.

 

Fortalecer as capacidades comunitarias para a defensa e protección integral dos DDHH e os dereitos das mulleres e para a contraloría para o seguimento da aplicación e cumprimento das políticas municipais e nacionais en materia de xénero. Dotar de ferramentas e capacidades aos e os poboadores para a promoción e defensa dos dereitos humanos, especialmente os dereitos das mulleres, nenas e adolescentes. Elaborar un plan de incidencia onde se marcará a folla de ruta do proceso de incidencia que levarán a cabo as defensoras coas autoridades locais e provinciais. Identificar riscos que supoñen unha ameaza para a seguridade e o benestar das mulleres e nenas das zonas de intervención. Elaborando e difundindo materiais de sensibilización. Deseñar programas de capacitacións con mulleres para mellorar a súa capacidade de resiliencia e cos homes para traballar na construción de novas masculinidades.

Mellorar os mecanismos de concienciación sobre os patróns culturais que xeran desigualdade e violencia contra as mulleres na educación pública. Implicar a toda a comunidade educativa para previr e transformar os patróns culturais que xeran desigualdade e violencia, dentro e fóra da escola. Este resultado tivo que eliminarse debido ao peche das escolas durante un ano, e derivar parte das accións a atención directa das consecuencias da COVID 19.

Mellorar a resposta dos servizos públicos vinculados á atención, prevención e sanción da violencia contra as mulleres, nenas e colectivos vulnerables. Garantir que as mulleres, nenas e adolescentes teñan acceso á xustiza, a unha atención de calidade e segura, a unha reparación psicosocial en caso de sufrir VBG, garantindo que sexa o Estado o responsable de prestar estes servizos e de que se cumpran os seus dereitos.

Aumentar o coñecemento e o compromiso social para reducir a impunidade ante a violación de DDHH e dereitos das mulleres. Aumentar o coñecemento sobre as problemáticas e violencias cara a mulleres e nenas e colectivos vulnerables, para a defensa dos DDHH e para poder formular medidas e respostas para combatelo

En canto ao compoñente de comunicación deste proxecto, Agareso realizou tres talleres educomunicativos con dous grupos de mulleres lideresas dos barrios de San Cristóbal e da capital. 

Estes talleres consisten na formación en técnicas de radio e en audiovisual, xunto nocións de comunicación con enfoque de xénero. Ambas as accións teñen como un dos seus obxectivos promover a reflexión interna das mulleres sobre as problemáticas que lles afectan e a dotación de ferramentas para xerar discursos propios. Pero no caso do audiovisual participativo o proceso reflexivo é máis interno, busca xerar grupo de apoio e convértese nunha terapia, mentres no caso da radio o proceso é máis cara á comunidade e busca xerar espazos estables de comunicación que estean en mans das propias mulleres, a través do Centro Tecnolóxico Comunitario. Formáronse en total 30 mulleres de Haina e San Cristóbal, xeráronse vídeos, cuñas de radio e programación sobre VBG que se difundiron nos medios de comunicación locais. Estas accións formativas e de comunicación complementáronse coa creación de cartelería participativa que protagonizaron as propias mulleres e que despois repartiron polos seus barrios.

 

 

 

Ao traballo formativo das mulleres sobreviventes acompañoulle a formación en comunicación e incidencia de 25 persoas que integran o Foro Feminista Dominicano, o acompañamento do Foro para o deseño dunha estratexia de comunicación común, a definición de roles e responsabilidades de comunicación, xunto coa creación dunha plataforma común de difusión. Proceso do que participarán todas as organizacións e entidades feministas que colaboran nas diferentes actividades do proxecto. Este proceso foi moi útil para reforzar o movemento das 3 Causales, que no 2021 tivo a súa máxima expresión con plantones fronte ao congreso, manifestacións e unha intensa estratexia de comunicación.

E o gran produto de comunicación externa que se elaborou dentro deste proxecto foi a documental Garantía de Vida sobre a loita de por a despenalización do aborto nas 3 Causales, no que participaron as organizacións feministas dominicanas e as vítimas da penalización. O documental estreouse en Galicia e en Dominicana no ano 2021. 

Share This