Dereitos sexuais e reprodutivos en El Salvador

Dereitos sexuais e reprodutivos El Salvador

Ámbito territorial: El Salvador

Data: 2020-2021

Persoas beneficiarias: Mulleres e mozas de comunidades rurais de El Salvador

Parcerías: Aprocsal, Radio Izcanal, Fundación Comunicándonos e Colectiva Feminista

Socios: Asemblea de Cooperación pola Paz

Financiador: Xunta de Galicia

Orzamento: 241.582,21€


Esta proposta é a segunda fase do proxecto Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Baixo Lempa, O Salvador, financiado pola Xunta de Galicia na súa convocatoria de 2018.  ACPP/AGARESO volvemos traballar en consorcio xunto á contraparte local APROCSAL.

O proxecto contribuíu á capacidade de articulación e incidencia comunitaria para gozar do Dereito Humano á Saúde, incidindo na capacidade de articulación e incidencia comunitaria mediante o fortalecemento dos mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control de 3.099 persoas (2.278 mulleres e 821 homes) aos servizos públicos de saúde nos municipios de Jiquilisco e Usulután.

A intervención, que estivo moi marcada polas consecuencias da pandemia mundial da COVID 19, estruturouse ao redor de seis eixos, en tiveron que sufrir modificacións para atender o cambio radical de contexto no ámbito da saúde. 

 

Xerar e fortalecer mecanismos locais para a sensibilización, detección e derivación en materia de saúde sexual e reprodutiva (SSR) en 15 comunidades

Apoiar os servizos sanitarios públicos de detección e tratamento básico de cancro cérvico-uterino e mama para 750 mulleres das 15 comunidades.

Impulsar campañas de sensibilización sobre as causas do embarazo en nenas e adolescentes. Este resultado estaba pensado para traballar con centros educativos, pero debido a que estiveron pechados durante máis dun ano, realizáronse as accións de sensibilización directamente con grupos de mozos nas comunidades. 

Articular mecanismos de participación cidadá para o gozo do dereito á saúde en torno ao Foro Nacional de Saúde (FNS) como a organización autónoma de ligazón entre a administración e a sociedade civil. Desde o proxecto vaise a apoiou a conformación de cinco comités en cada unha das comunidades de Usulután, que desenvolveron os seus propios plans . plans de acción e integráronse nas estruturas municipais e departamentais do FNS.

Reforzar capacidades de xornalistas e comunicadores/as comunitarios/as para en materia de xénero e DDSSyRR das mulleres. Colaborouse con Colectiva Feminista para elaborar unha Guía de Boas Prácticas para Cobertura Mediática de DDSSRR, que foi posta a disposición de profesionais de medios de comunicación convencionais. Realizouse coa Universidade do Salvador (UES), o II Seminario de Comunicación, Xénero e Dereito á Saúde no que participarán 20 persoas entre alumnado e integrantes de medios comunitarios, pero tivo que trasladarse fóra do centro educativo porque estaba pechado.

Tamén se reforzaron as capacidades de Radio Mangle e o seu voluntariado, emisora comunitaria con cobertura na zona de intervención, para emitir programación que integre a equidade de xénero e os DDSSyRR. Por último, vaise traballou con Canle de Todas, medio feminista de emisión on-line, para garantir uns mínimos de calidade nos contidos que emita e que contribúan a amplificar as demandas do colectivo feminista do país. Para iso, e debido á imposibilidade de viaxar dos equipos de Agareso, realizáronse aulas virtuais e cursos a distancia, e aproveitouse a formación previa de Radio TV Izcanal, para que este medio reforzasen as capacidades de Radio Mangle.

Promover procesos de incidencia política e social sobre os DDSSyRR. A superación dos obstáculos que padecen as salvadoreñas para gozar dunha vida saudable, especialmente no relativo á SSR, necesita dun proceso de visibilización que lexitime as súas demandas. Tras a experiencia do traballo conxunto coa Colectiva Feminista no documental En Deuda con Todas, nesta ocasión complementamos este esforzo de visibilización cunha campaña de comunicación sobre as consecuencias da penalización do aborto no Salvador, para a que se realizaron post para redes, vídeos e materiais de difusión.

 

 

 

Tamén se formou a xornalistas sobre como realizar as coberturas sobre este tema e organizouse o primeiro certame xornalístico para premiar as mellores publicación sobre DDSSyRR. Todo iso tivo que xerarse en contornas virtuais debido ás restricións da pandemia.

A incidencia complementouse coa visita de Morena Herrera, directora de la Colectiva Feminista, a Galicia para reunirse con representantes políticos da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra y co Fondo Galego de Cooperación para explicar as numerosas vulneracidereóns de dereitos que sofren as mulleres en El Salvador debido á penalización total do aborto.

 

 

 

Share This