Dereitos sexuais e reprodutivos en El Salvador

Dereitos sexuais e reprodutivos El Salvador

Ámbito territorial: El Salvador

Data: 2018-2019

Persoas beneficiarias: Mulleres e mozas de comunidades rurais de El Salvador

Parcerías: Aprocsal, Radio Izcanal, Fundación Comunicándonos e Colectiva Feminista

Socios: Asemblea de Cooperación pola Paz

Financiador: Xunta de Galicia

Orzamento:  199.041,87€

Por oitavo ano consecutivo Agareso participou xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz nun proxecto de desenvolvemento sostible en El Salvador, só que nesta ocasión estreamos nova contraparte: Aprocsal, o que nos permitiron abordar estratexias que para mellorar o acceso aos dereitos de saúde sexual e reprodutiva das mulleres salvadoreñas. 

Un equipo da organización traballou, ao longo de intensas xornadas de formación, en dúas liñas diferenciadas: por unha banda, mellorar as emisións e as producións de televisión, e por outra, incrementar a calidade da programación e informativos da radio en temática de xénero. Aproveitamos estas formacións para a gravación de cuñas de radio sobre prevención de enfermidades relacionadas coa saúde sexual, que a nosa contraparte e os medios de comunicación comunitarios poderán utilizar libremente.

Cuñas

 

Relacionado coas formacións en televisión e facendo sinerxía con outras actividades e necesidades do proxecto marco no que traballamos, Óscar Vázquez acompañou a un grupo de reporteiros de Izcanal a gravar un vídeo sobre a situación das mulleres curileras no Bajo Lempa, que foi un elemento clave de sensibilización sobre un tema tabú en El Salvador e para por en valor o traballo da TV Comunitaria.

O vídeo foi transmitido pola propia canle comunitaria e presentado a mostras de audiovisuais sociais no país. Este material serviu tamén para reforzar as presentacións públicas do informe sobre os dereitos das traballadoras do mar.

O voluntariado de Agareso acompañou este proceso diversificando os materiais para difusión con podcast de radio e reportaxes para medios dixitais.

Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias

Dentro deste proxecto, por cuarto ano consecutivo, co-organizamos o Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias, canda a Fundación Comunicándonos e AMARC Latinoamérica. Esta cita xa instituída para facer sinerxías entre emisoras comunitarias de Honduras, El Salvador, Guatemala e Nicaragua centrouse este ano na comunicación con perspectiva de xénero e no fortalecemento do discurso feminista nas emisoras. Debido a isto, a maioría das 20 participantes foron mulleres. 

 

 

Dentro deste mesmo proxecto realizamos o documental En Deuda Con Todas sobre a penalización do aborto en El Salvador e as consecuencias físicas, psicolóxicas e legais que implica para as mulleres máis desfavorecidas do país. Para a realización do documental foi necesaria unha intensa fase de preproducción na que se recopilou información, se escolleu as persoas protagonistas e se pactou os enfoques co movemento feminista de El Salvador, xa que o audiovisual ten como principal obxectivo a incidencia política.

A Agrupación Ciudadana por la Despenalización del Aborto e a Colectiva Feminista foron dous colectivos imprescindibles para poder levalo acabo, canda ACPP y Aprocsal.

Share This