Educomunicación en Dominicana

Ámbito territorial: República Dominicana

Datas: 2017-2018

Persoas beneficiarias: Mozas e mozas en risco de exclusión dos bateyes de San Pedro Macorís

Socios: Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) 

Socio: Asamblea de Cooperación pola Paz

Financiador principal: Xunta de Galicia

Presupuesto: 178.804,05€.

 

Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) e ACPP, e por primeira vez AGARESO elaboraron unha proposta conxunta para traballar en República Dominicana tendo en conta as principais necesidades e prioridades identificadas a través dos diagnósticos que levou a cabo na zona e en base á súa experiencia de traballo na mesma e no sector de habitabilidade e de fortalecemento do tecido social comunitario, plantexamos un proxecto orientado a mellorar as condicións de habitabilidade, de atención á saúde comunitaria e á violencia contra as mulleres, de 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes) do Batey a Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.

 

Para iso, deseñamos 3 eixos fundamentais de actuación consistentes en:

Garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable a 44 persoas (27 son mulleres e 17 homes) a través da construción e entrega a 8 familias de 4 bloques de vivendas encostadas (chamadas vivendas dúplex) cunha fosa séptica con capacidade para 15 vivendas. Para o bo uso e mantemento das mesmas constituíuse e formou un Comité de Construción que coordinará a man de obra voluntaria e apoiará nas tarefas de construción.

Fortalecer as capacidades, tanto formativas como de equipamentos, do sistema comunitario de saúde do Batey A Balsa en temas de saúde comunitaria, prevención de violencia contra as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos. Para iso leváronse a cabo sesións de reforzo coas 15 promotoras que conforman a Rede de Saúde Comunitaria do Batey. Este reforzo deseñouse conxuntamente coa Dirección Provincial de Saúde e o Ministerio da Muller desde un enfoque de xénero co obxectivo de mellorar a calidade de vida das mulleres e nenas do Batey para incidir en problemas de violencia en todas as súas manifestacións. Ademais, complementouse o equipamento do Fogar Comunitario e de Saúde e traballouse coas mulleres do Batey en cuestións relacionadas coa autoestima e os dereitos sexuais e reprodutivos.

Promover unha cultura da igualdade e equidade de xénero. Leváronse a cabo talleres en centros educativos para a promoción dunha vida sen violencia en colaboración cos Ministerios de Educación e da Muller cos que se asinaron convenios de colaboración. Traballouse especialmente con homes novos e adultos na construción de novas masculinidades.

AGARESO incorpórase a este proxecto tras a visita conxunta ao país realizada en xaneiro de 2017, na que identificamos a necesidade de exportar o traballo que levamos desenvolvendo en escolas galegas a través de talleres educomunicativos a dous centros educativos de Ramón Santana, o Colexio de Montecristi e o Liceo Federico Bermúdez, xa que nestes centros estudan gran parte da poboación escolarizada do Batey A Balsa.

Ao mesmo tempo este consorcio entre ACPP-AGARESO achega a experiencia de 8 anos de traballo conxunto no Salvador nun proxecto no que se fortaleceron medios de comunicación comunitaria, sensibilizouse en centros educativos e afianzouse o traballo conxunto entre ambas as organizacións para aplicar agora en República Dominicana. A unión entre ambas as organizacións é un claro exemplo de complementariedade.

Share This